Espazo Galego dos Països Catalans

Espai Gallec dels Països Catalans

(web provissional)


Índice / Índex Convocatorias Documentos Contactar

SEMANA CULTURAL GALEGA

 

en català


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio, día no que se conmemora a publicación do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro e mailo rexurdimento da nosa lingua na expresión literaria, dende o Espazo Galego queremos achegar á sociedade catalá diferentes aspectos da cultura galega, dende a expresión artística, literaria, musical, etc., que nos definen, reivindicando así mesmo a figura da muller en todos estes ámbitos, pois o Día das Letras Galegas ten sido historicamente un espazo reservado aos homes, sendo as mulleres relegadas case ao silencio.

 

Presentamos este proxecto co nome de "Semana Cultural Galega", que será ampliado en vindeiras edicións coa implicación das diferentes entidades que forman o tecido asociativo galego nos Països Catalans.

 

Os actos que se presentarán o vindeiro luns día 15 de maio son:

 

- A exposición fotográfica "AreaFemia" da fotógrafa galega Carmela Gil Vázquez, na biblioteca Bonnemaison, onde permanecerá ata o 3 de xuño, e que acompañou a apertura do ciclo "Galiza: nin rastro de mulleres?" o pasado mes de marzo na

Galería Sargadelos.

 

- A I Edición do Premio Literario para Estudantes de Galego e Portugués, organizado polo Espazo Galego e mailo Lectorado de Galego da UAB, co patrocinio do Centro Galego de Barcelona e maila Galería Sargadelos, de estilo e temática libre e valorando máis a orixinalidade e a calidade literaria que a corrección normativo-ortográfica, co que queremos reivindicar a unidade da nosa lingua e promover o seu uso entre os/as estudantes de galego e portugués dos Paisos Catalans. As bases do premio poderanse consultar na nosa páxina web a partir do día 1 de xullo.

 

A temática e mailo estilo serán libres e o que se terá en conta será a orixinalide e calidade literaria dos textos presentados e non tanto a corrección ortográfica, tendo en conta o público ao que o certame vai dirixido

 

O acto finalizará coa lectura dun poema ao redor do tema da exposición de Carmela Gil, "AreaFemia", a cargo de EvaRaida Rodríguez-Mendes.

 

Luns, 15 de maio ás 20 h

Biblioteca Bonnemaison (C/Sant Pere més Baix, 7, 2 pranta)

<M>Urquinaona Línea 1, Línea 4

 

- Presentación do proxecto de "Semana Cultural Galega".

- Presentación da 1ª Edición do Premio Literario para estudantes de galego e portugués.

- Exposición AreaFemia, de Carmela Gil Vázquez.

- Representación poético-teatral.

 

Organiza:

Espazo Galego dos Països Catalans