A PARROQUIA DE O SISTO (Ourol e Muras) 
 
Un pouco de HISTORIA
 
     O poboamento da parroquia de O Sisto, como o resto do Concello de Ourol, ven de moi antigo, tal como proban os restos da cultura megalítica e castrexa: Castros de O Carrusco e Paredes, na propia parroquia, así como as mámoas de As Moles, Mámoa dos Callós(na foto), na veciña parroquia de San Pantaleón á que unha parte de O Sisto pertencía ata finais do século XIX, concretamente ata o ano 1895, no que se crea esta freguesía.
 
     A presencia romana tamén se deixou sentir por estas terras, camdo Galicia pasou, no ano 19 antes de Cristo, a formar parte do imperio romano, como proban as Tablas de Ptolomeo que situan o pobo de Flavia Lambis na zona, así como duas aras romanas atopadas na veciña parroquia de Xerdiz.
 
     Tamén parece probado que os suevos andiveron pola zona, dada a moita toponimia que da fe diso, en lugares próximos a O Sisto (Riquian, Iza, etc). Tamén pode confirmar isto a gran cantide de horreos ou caboces que existían e existen na zona, xa que segundo os expertos portugueses Jorge Diaz, Ernesto Veiga de Oliveira e Fernando Galhano, os horreos hispánicos proceden da zona de Pomerania (entre Alemania e Polonia), habitada na antigüidade polo pobo suevo, e que no transcurso das grandes invasión bárbaras dos séculos V e VI se estebleceron no noroeste da peninsula, e trouxeron este tipo de construcción, a que lle poñian unha cruz no tellado como sinal de que tiña propiedade. 
       
      O mesmo ocorre, aínda que en menor medida, coa presencia musulmana.
 
     Durante a Idade Medía a historia de O Sisto coma a do resto do Concello de Ourol foi similar a do veciño concello de Viveiro (A Vila, se lle chamaba), do quen dependían case todas as súas parroquias, coa excepción de Xerdiz.
 
     Nos primeiros anos do século XIX houbo varias internadas nestas terras por parte das tropas francesas, con roubos e atropelos. 
 
     Nos comezos do século XX, producese o fenómeno da emigración masiva a America, enviando cartos para a fundación de escolas nas parroquias natais dos emigrantes, cousa que non sucedeo no Sisto, aínda que si parece estaba previsto, facer a escola no lugar de A Borra, concretamente no chamado Campo de Manuela, pero o proxecto non chegou a callar. 
 
       A parroquia de Santa Maria do Sisto foi creada en 1895,  xa que antes non existia como tal, e os seus barrios pertencían as parroquias de Ourol, San Pantaleón de Cabanas e Muras, construindose a igrexa actual no Vilariño ala polo ano 1900, figurando na sua fachada principal a seguinte inscripción: “ANNO 1900 JVSVS CHRTVS DEVS HOMOVIVIT REGNAT IMPERAT”. Pertence ó arciprestazgo de Ourol. Hoxe o seu cura é Don Manuel Polo, pero antes del pasaron pola parroquia outros moitos como foron, D. Xose Román Escourido, D. Fernando Casal, D. Vicente Bretal, Don Pedro Rodriguez, Don Marcelino, Don Angel, Don José Lage, Don Jesús Torrado, Don Eduardo Losada, Don Manuel Ladra, etc.
 
 
 ADSCRICIÓNS:
 
      O Sisto, ó igual todo o que hoxe é o Concello de Ourol, pertencía a provincia de Mondoñedo, unha das sete clásicas do Antigo Reino de Galicia. Coa Constitución de 1812 pasa a integrarse na provincia única de Galicia. Cando se fai a división de Galicia en catro provincias, polo D. de Cortes do 27 de Xaneiro de 1822, e polo R.D. do 30 de novembro de 1833, nas duas veces é adscrito á nova provincia de Lugo, onde segue. 
 
 
Mapa zona Século XVIII              *Mapa s.XVIII, onde todo o actual Ourol salvo Xerdiz pertencía a Viveiro*
 
      Cando se fai a distribución en partidos xudiciais, pola deputación única o 3 de marzo de 1920, Ourol, e por ende O Sisto, pasa a pertencer ó partido xudicial de Viveiro. O A Mariña Occidentalfacerse de novo unha división xudicial en 1834, Ourol, segue dependendo do partido xudicial de Viveiro, no que segue ata que en 1965 se suprime o partido de Viveiro, e Ourol pasa a pertencer ó partido xudicial de Mondoñedo, onde está ata que a Lei 38/1988, do 28 de decembro, repón o partido xudicial de Viveiro, e a él volta de novo O Sisto e todo o Concello de Ourol. 
      No tempo de vixencia dos xulgados comarcais, da Orde de 24 de marzo de 1945, Ourol ten xulgado comarcal, do que depende o xulgado de paz de Muras.
      O Concello de Ourol forma parte da Comarca da Mariña Occidental, a que ademáis pertencen os concellos de Viveiro, Vicedo, Xove e Cervo.
 
 
 
 
 O ENSINO: 
 
      A parroquia do Sisto, non chegou a ter un edificio propio adicado a escola, xa que a que estaba proxectada facer na Borra non se levou a cabo. Os mestres impartían clase no Vilariño, nunha casa situada preto da Igrexa (o atrio servea para xogar o futbol, ou a outras cousas os pequenos), ó lado da "Taberna de Encarnación", onde normalmente residían. Esta casa estaba cedida para escola por un veciño do Carrusco. Funcionou como tal ata que en 1974 se inaugurou o Grupo Escolar de Ourol, hoxe chamado Colexio Vicente Casabella, que aglutinou a tódalas parroquias do concello agas Bravos e San Pantaleón, que seguen na Escola Unitaria de Bravos.
      Pola escola do Sisto pasaron moitos mestres e mestras sobre todo, sendo as últimas Dª María Cleofé (D. Maruja) e Dª Regina. Antes que elas estiveran no Sisto Dª Esther, Dª Corina, Dª Manuela.... Había clases de mañán e tarde, e os nenos de máis lexos levaban a comida da casa e quedabanse a comer na escola, nunha pequena cociña que había o lado do que era a aula, e onde no inverno facían o lume mentras comían para non pasar frio.
 
 
 EVOLUCIÓN DEMOGRÁFICA:

      A comparación das diferentes cifras de poboación absoluta recollidas nos diferentes censos feitos nos séculos XX e no actual mostran unha evolución demográfica totalmente regresiva, como pode observarse cos datos de estes últimos anos:

      Ano            Habitantes

 1986                                  102

      1992               93

        2003                                      60
 
        Unha serie de factores (accidentada orografía, situación xeográfica, explotacións económicas de reducido tamaño) dificultaron o despegue económico e fixeron desta parroquia lugar de orixe de moitos emigrantes. Consecuentemente O Sisto pérdeo poboación desde comezos do século XX e na actualidade ten unha media de idade moi alta, con un alto índice de xubilados. Desde 1910 ata 1960 o descenso demográfico foi constante e acusado, aínda que a estructura da poboación e a forte natalidade contivérona parcialmente(Nese período o Concello de Ourol pasou de 5.640 habitantes a 4.410). Desde 1960 o descenso foi superior debido a emigración e ó envellecemento da pirámide de poboación (pasouse en todo o concello de 4.410 habitantes ós pouco máis de 1.000 actuais). O grado de dispersión dos efectivos demográficos e considerable cunha densidade  a 31-12-2003 de 4,5 hab./Km2.
 
 
TURISMO E FESTAS:

      O Sisto ten potencialmente moitas posibilidades para o turismo, se somos amantes da natureza, pois conta con unha paisaxe idónea para a práctica de actividades coma o sendeirismo, ou simplemente para gozar dos extraordinarios paraxes naturais con que conta en torno os numerosos ríos ou regatos que ten, ou ben nas cumes dos seus montes onde a nosa vista alcanza a ver a moitos kilómetros a redonda.

Ruta do Camiño de Santiago, na súa variante da Ruta Norte:

      Desde Viveiro e en dirección sudoeste a ruta métese no concello de Ourol, pola parroquia de Santigo de Bravos,  peregrinos en Nogueira - Picar para ampliarpasando polas inmediacións da Ferrería onde se atopa a Ermida de San Isidro, seguindo logo pola Ponte Betanzos, A Furada, e entrar na parroquia de O Sisto unha vez atravesamos O Coutado, seguindo logo por Cabanas, Silvoso, Nogueira, coa súa Ermida de San Ramón, que ten na espadana a concha de vieira (peregrina), confirmando a autenticidade desta ruta, (Na foto peregriños pasando ó lado desta ermita), continuando cara a igrexa parroquial de Santa María do Sisto, Ermida do Socorro, na Rega, e Piocorto, onde deixa a freguesía do Sisto, para seguir ata Muras polo alto da Gañidoira, pasando xunto o Cristo da Vellamorta e Cristo das Cuiñas. Tamén hai fontes que indican que desde O Sisto seguía outra ruta do camiño en dirección a O Freixo.

Visita os xacementos megalíticos do Sisto e as súas inmediacións:

      Podemos dar un recorrido polos restos da historia que nos levará os castros de Paredes e do Carrusco, ou visitar as mámoas das moles nas cercanias do Sisto pero xa na veciña parroquia de San Pantaleón de Cabanas.

Festas e Romarías

      O Sisto celebraba tradicionalmente tres festas cada ano:Procesión - Picar para ampliar

-         * A patrona, na honra da Virxe dos Remedios, o terceiro fin de semana  do mes de setembro. Na actualidade, debido o escasa poboación coa que conta a parroquia, e que ninguén se anima a organizala, desde 1999 non hai festa. (Na foto procesión o día da patrona).

-          * O San Ramón de Nogueira, celebrase o 31 de agosto o lado da Capela de Nogueira. Tamén hai moitos anos que non se fai a festa.

-          * A festa do Abril, na honra da Nosa Señora do Socorro, que se celebraba na Rega. O último ano que houbo festa débeo ser en 1974.

 Equipo Sisto - Picar para ampliar
                                                                                                                                             
 
 
 
      O día da festa da patrona, algunhas veces , xogabase o futbol no Chao do Sisto. Na foto o equipo da parroquia, creado para a ocasión,  a finais dos oitenta.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                                                                                         SEGUE==>>