PARROQUIA DE O SISTO (Ourol e Muras) OROGRAFÍA: Esta parroquia podemos decir que atopa situada nunca zona de transición entre a Terra Cha e a Mariña Occidental lucense, aínda que con un relieve marcadamente montañoso, cunha altitude media duns 470 metros sobre o nivel do mar. A súas cotas máximas atopanse no alto da Veiga de Montalén (659 metros) e alto da Carballosa (734 metros) nos límites coa parroquia de Ourol. Desde varios puntos da parroquia pode divisarse con bastante nitidez Viveiro e o seu mar. Fisicamente conta con bastantes serras, e ten unha clara inclinación cara ó norte, cun punto de partida que serían os ríos do Norte ou de Suacernada e o de Nogueira, que segue cara a Bravos, para xa cerca de Viveiro enlazar co Landro, xa que O Sisto atopnase morfolóxicamente enmarcado nunha zona entre os rios Sor e Grandal, zona na que se suceden unha serie de serras e chaos, con dirección NNE-SSO., modeladas sobre esquistos, con cumes de escasa altitude HIDROGRAFIA Hidrográficamente, a parroquia conta con numerosos ríos, regatos e manantiais, organizados en torno as concas fluviais do Sor e do Landro. Estes rios, coñecidos entre os veciños por diversos nomes, son principalmente: - Río de Sublombao que nace entre a Costa de Sebrán e o Pico de Paredes, pasa entre Paredes e A Rega para unirse en Sublombao co Xantas que ven do Montouto despois de recibir a auga de varios regatos como son o de Baxín, e o de Sanche e O Foxo e continuar cara a Ambosores, convertindose no Río Sor. (Na foto da esquerda podemos ver a desembocadura do Sor - Ría do Barqueiro). A conca do Sor esta repleta de bosques autóctonos, aínda que con repoboacións forestais de pino e eucalipto. Considerase que nace este río da unión de varios regatos, como son o Xantas e o Tras da Serra, aínda que xa antes desta unión o seu paso polo Sisto se lle coñece como Río Sor, contando cunha lonxitude de 49 kilómetros, cun trazado sinuoso e encaixado a partir de Ambosores, abrindose un val fluvial en Ribeiras do Sor, onde se vai ancheando ata formar a parte superior do estuario e a Ría do Barqueiro. Este rio fai de límite natural entre os Concellos de Ourol e Vicedo na provincia de Lugo e o de Mañón na de A Coruña. A fauna varía según se trate da parte alta onde e facil atopar aves rapaces, corvos, pegas, rulas, merlos, ou da parte baixa onde abundan merlos de rio, o martín pescador, anfibios e reptís. -O Sor, na Ponte de Lombao, fai de límite natural ente Ourol e Muras- -Rio Xantas ó seu paso por debaixo do Couce- - Río Norte ou de Suacernada, (na foto da dereita), que nace da confluencia de tres regatos que son o que ven da Fonte da Veiga, o Regodoso e o Rego da Xuntas, que se unen en A Pasada. - Rio de Nogueira, que nace Subsisto, xúntase na Ponte da Serra có anterior, rodeando A Borra por este e oeste, para continuar cara ó mar despois de recoller as augas do regato de Domecelle, pasando a chamarse rio Bravos ou Galdo e perderse no Río Landro do que forman parte. A conca fluvial do Río Landro ten a cabeceira na Serra do Xistral, orixe tamén de otras concas coma a do Eume ou a do Masma. Na Serra do Xistral, a 800 metros de altitude considerase que nace o Río Landro, que ten unha lonxitude total de 31 Kilómetros, recorrendo e drenando os concellos de Muras, Ourol e Viveiro ata a súa desembocadura na Ría de Viveiro (na foto inferior), despois de formar a partir do estuario de Portochao unha gran chaeira fluvial de uns tres kilómetros.Con respecto á flora nas súas inmediacións destacan as grandes superficies de monte baixo na parte alta do mesmo, que se empregan para manter o gando que vive en liberdade no mesmo, así como as masas de bosque autóctono na parte baixa, aínda que xa se deixan sentir as repoboacións forestais de pino e sobre todo de eucalipto. A fauna que pobla esta conca, ademáis do gando en libertade como cabalos, vacas, cabras e ovellas, está formada por aves rapaces, corvos, pegas, colirroxos, anfibios e reptís coma lagartixas, ras, sacabeiras, cobras, etc., podendo atoparnos tamén fácilmente con lobos, especie cada vez máis abondosa, xabaríns (cochos bravos), corzos, raposos, esquios, etc. CLIMATOLOXÍA: Climatolóxicamente, no Sisto, prevalece un dominio climático océanico húmedo, onde as influencias mariñas provocan unha suavidade térmica é unha distribución regular das chuvias ó longo do ano, sendo xullo o mes máis seco e decembro o máis chuvioso. Nos últimos anos, apenas hai nevadas de importancia, algo que era habitual ata o último cuarto de século pasado. Nas temperaturas e onde máis se nota a influencia do mar, xa que éstas non adoitan tomar valores extremos; por tanto temos un inverno de frio moderado e un verán agradable pero non excesivamente caluroso, sendo agosto o més máis caluroso (20º). A temperatura media anual é duns 14º e só tres meses do ano ofrecen temperaturas inferiores a 10º. As mínimas absolutas difícilmente se situan en valores negativos VEXETACIÓN: A vexetación predominante nesta parroquia é consecuencia directa da acción do home, centrada na introducción de novas especies forestais máis rendibles económicamente, como son o pino e sobre todo o eucalipto, que foron sustituindo as especies autóctonas como eran o carballo, o castiñeiro e a vidueira, e así atopámonos con plantacións forestais de eucalipto e pino no que fai uns anos eran as terras de cultivo agrícola, en zonas moi cercanas as casas. Tamén e facil atopar, nos tarreos de máis altitude, grandes superficies de monte raso, cubertas de toxo e queiroga. Non obstante quedan aínda moitas fragas de bosque autóctono, nas zonas máis próximas ós rios, onde a pendiente impediu a repoboación con outras especies, como sucede na Serra da Borra, Sublombao e no entorno do rio de Nogueira ou Suacernada. Popularmente, e deixando a un lado as zonas de cultivo, distinguense tres tipos de paisaxes segundo a vexetación: montes, bouzas e fragas. Chamaselle monte o monte baixo poboado de toxos de varias clases (macho, mariñao ou brañego) e queiroga sobre todo. Atopamos este paisaxe nas zonas altas, que serven de pasto para o gando, como son o Pico de Paredes, O Couteiro, A Veiga, As Penas de Borra, As Algosas, etc. Son Bouzas: zonas menos altas, con arbores que alcanzan xa unha altura entre dous e catro metros, poboada de torgo, uz e toxo xa moi alto, especies que se utilizaban como leña para queimar (ou para facer carbón as raices do torgo), e que non foron repoboadas forestalmente. Atopámolas debaixo do Couce, Sublombao, na Panda da Serra, Suacarreira, no Arandao, etc. Entendese por Fragas aquelas zonas máis baixas, bastante peadas, e próximas os ríos e regatos, con arbores de grandes dimensións como son os castaños, carballos, vidueiras, abeleiros, freixos, piñeiros, etc, sustituidos en últimamento en moitos sitios por eucaliptos. Atopamos fragas na Serra da Borra (foto superior), Subnogueira e SubSisto, entre Paredes e A Rega, na ponte de Lombao, debaixo do Carrusco, Chas e Os Campos, etc. Condicionadas por esta vexetación, pola litología e a climatoloxía, estas terras son de mediocre aptitude para o cultivo agrícola, ademáis de que, por ser lugares de certa pendiente, e as leiras de escasa dimensión, provocan que a sua mecanización sexa algo problemática, sendo por todo iso máis favorables a unha dedicación forestal ou para pastos. Hoxe, a comezos do século XXI, quedan moi poucas explotacións agrícolas, non tanto polo antes exposto, senón, sobre todo, pola pouca xente que queda na parroquia e pola súa avanzada idade. ETNOGRAFÍA Dentro da arquitectura popular do Sisto, destacan as cruces e cruceiros que aparecen por calquera camiño que paseemos, así como construccións que fan referencia a dedicación económica destas terras: colmeares, fornos, cabozos ou horreos, muiños, plantas de luz, etc. En particular os cruceiros do Vilariño, o Cristo da Fuca, O Cristo do Albo, o Cristo de Caxete, a Cruz da Corredoira, O Cristo de Sebrán, o Cristo de Piñón (medio tirado como consecuencia da guerra civil; din que os republicanos lle partiron os brazos), muiñós de Paredes, muiño da Ribeira, muiño de Subnogueira, planta da luz de Chas, planta de Cabanas, etc. Cabozo no Cargadoiro =>  <= Cristo de Fuca, nas Cancelas- - Cristo de Sebrán coa Serra de Sabucedo ó fondo => PATRIMONIO ARTÍSTICO: O arte sacro é o máis representativo da parroquia do Sisto, a súa igrexa parroquial, capelas e cruceiros conforman o seu entramado artístico. Igrexa parroquial de Santa María do Sisto, que foi construida en torno o ano 1900 segundo a inscripción que ten na fronte, pero que parece ser non se rematou ata ó 1906. Tratase dunha nave de forma rectangular e coro alto, planta de cruz latina, muros de pedra recubertos de cal e cemento, espadana de dous vanos para rematar en pináculos. A porta principal de acceso é ampla con arcada de escasa curvatura, non se abre salvo os días de festa ou cando hai enterros. Ten unha porta máis pequena no seu lateral dereito, que é a utilizada como acceso habitual. O acceso ós tres altares que ten faise a través dun arco de medio punto asentado sobre duas pilastras. Os tres retablos cos que conta, un no altar principal e dous laterais, son modernos, tallados en madeira de castaño, cada un con tres hornacinas ou encasillamentos para outras tantas esculturas. O altar principal presideo unha imaxe de vestir da Virxe dos Remedios (A patrona), e a cada un dos lados tallas en madeira de San Antonio e San José. Nos outros altares hai imaxes da Virxe dos Dolores , e unha talla dun Cristo crucificado de madeira. Pola festa da Patrona, tamén se trae a Virxe do Socorro, que habitualmente está na Capela da Rega Capela de San Ramón de Nogueira, de comezos do século XVII, situada no caserío do mesmo nome, hoxe despoboado, pero na que se segue celebrando misa a menudo, polo que está razoablemente cuidada coas limosnas dos devotos e que ten unha concha de vieira (peregriña) na espadana, pois o seu lado pasaba o Camiño Xacobeo que iba a Compostela desde Viveiro. É unha construcción de planta rectangular (11,50 x 4,90 metros aprox.), con paredes de pizarra recuberta, teito armado en madeira a duas augas, cuberta de pizarra. Conta con un pórtico rectangular con porta rematada en arco, tamén lousado a duas augas, con cuberta plana no remate. O Campanario dun só arco para a campa, está formado por tres pequenos tramos: o primeiro liso de sendos bloques de cantería, o segundo asentado sobre unha cornisa corrida e forma arco cunha vieira na clave, e o terceiro parte dunha base rectangular e cornisa para rematar con unha cruz de ferro.
O unico retablo con que conta é de inspiración renacentista, con tres encasillamentos para as imaxes con que conta, que son San Ramón Nonato, San Pedro e San Xoan Evanxelista Capela da Virxe do Socorro, na Rega, onde se manten habitada a única vivenda que alí hai. Foi rematada no ano 1817 según consta nunha cantería da mesma. Tamén se atopa relativamente ben cuidada e celebrase misa nela a menudo. Trátase dunha edificación de planta rectangular (10,25 x 4,50 metros aprox.), levantada o beira dun camiño, no que está soterrada polo lado esquerdo, mentras que pola súa parte dereita a parede, de pedra revestida, levanta uns tres metros. Está lousada a duas augas con pizarra sobre armazón de madeira. O solo é de chantas ou lousas. O altar esta delimitado do resto por unhas pequenas cancelas, e conta con un retablo dun só corpo, con tres hornacinas, rematando en forma triangular. As imaxes coas que conta son Nosa Señora do Perpetuo Socorro (imaxe de vestir), e tallas de San Antonio de Padua, Santa Margarita e unha cuarta que representa posiblemente a San Jerónimo. Cruceiro do Vilariño, situado frente a Igrexa parroquial. SOCIOECONOMÍA: Na actualidade a base económica da parroquia son as pensións de xubilación, pois en case todas as casas hai varios xubilados, dado o envellecemento da poboación, que se complementan se é necesario coa venda da moita madeira existente ou cos ingresos do gando que unhas poucas familias seguen conservando, ben na propia casa ou pastoreando libremente polos montes (vacas e eguas sobre todo). Pero a día de hoxe soamente dúas ou tres casas se dedican a agricultura e a gandería como primeira fonte de ingresos. Para o resto, xubilados, é un complemento.
ALGÚNS ENLACES INTERESANTES: E se queres buscar outra cousa na rede: |