A PARROQUIA DE O SISTO, (Ourol e Muras) Esta páxina pretende mostrar o que é, e o que foi, a parroquia de O Sisto nos Concellos de Ourol e parte no de Muras: As súas xentes, o seu medio natural, o seu patrimonio, as súas festas, os seus arredores, etc. A parroquia de O Sisto, atopase situada na sua meirande parte no Concello de Ourol, ainda que uns poucos dos seus barrios pertencen o veciño Concello de Muras, ambolos dous na provincia de Lugo, dentro da Comarca da Mariña Occidental, Comunidade Autónoma de Galicia, unha das 17 que configuran España. Para chegar a O Sisto accedese desde a estrada comarcal C-640 (Viveiro-Betanzos), agora LU-540, tendo desde esta vía varios enlaces, que podemos coller en Muras (a 11 Kms.), en Leganitos (5 Kms.), en A Rega-Ourol (5 Kms.) ou en Magazos-Viveiro (19 Kms.) pola carreta que vai de Ruanova a Muras. Tamén se pode acceder desde a carretera Ortigueira-As Pontes por Ambosores. Galicia Provincia de Lugo con Ourol en ver- mello, dentro da Comarca "Mariña Occidental". Mapa de Ourol, onde se aprecia a situación da parroquia de O Sisto: A parroquia de Santa María do Sisto, limita polo Norte coa parroquia de Bravos, polo Sur co Concello de Muras, polo este coa parroquia de Ourol, e polo Oeste coa parroquia de Ambosores. Ten unha superficia aproximada de 13,1 kilómetros cuadrados, que conforman os seguintes burgos: Cabanas, Silvoso, Nogueira, Sebrán, Paredes, Couce de Paredes, A Rega, O Coto, Lombao, O Vilariño, O Sisto, O Carrusco, Chas, O Pe da Veiga, Os Campos e A Borra (A Carreira, A Corredoira, O Cargadoiro, A Cernada e As Pereiras), todos no Concello de Ourol. Xa no Concello de Muras pertencen tamén a parroquia de O Sisto os lugares de Murúas, Os Casás e O Piocorto. Nogueira, un día de nevada ala por 1978 Cruz da Corredoria (A Borra) Dista 75 kilómetros da capital da provincia, 6 da capitalidade municipal e 20 de Viveiro (A Vila). Hoxe en día esta parroquia atopase moi despoboada, xa que a xente xoven foise a vivir as cidades e vilas, como Viveiro, Lugo, Ferrol ou A Coruña, dada as poucas posibilidades do campo e a dureza das faenas agrícolas e gandeiras. A 31-12-2003 os seus 60 habitantes reais vivián distribuidos nos seguintes lugares : Lugares: Habitantes: Lugares: Habitantes: Cabanas 1 Nogueira 0 Silvoso 0 Vilariño, O 6 Sebrán 0 Couce de Paredes, O 0 Paredes 5 Rega, A 2 Coto da Rega, O 0 Lombao 8 Sisto, O 7 Carrusco, O (O Partido) 5 Chas (O Partido) 2 Pé da Veiga, O (O Partido) 2 Campos, Os (O Partido) 0 Carreira, A (A Borra) 3 Corredoira, A (A Borra) 4 Cargadoiro, O (A Borra) 1 Cernada, A (A Borra) 4 Pereiras, As (A Borra) 0 Muruas (Muras) 0 Piocorto, O (Muras) 10 Os Casás (Muras) 0  A proliferación de parques eólicos na parroquia do Sisto e nas súas inmediacións, transformaron a paisaxe de tal maneira que hoxe é díficil mirar en calquer dirección sen que nos atopemos con estas imaxes. (Picar aqui para ver máis sobre eólicos e minicentrais) Aeroxeneradores vistos desde O Piocorto. |