página personal del autor

por la ribera del río Loio


Dificultad: ?
Desnivel máximo : ? m.
Horario Total : ? h.
Longitud aprox. : 7 Km.
Punto de partida : Paradela (Lugo)
Punto de llegada : Portomarín (Lugo)
Ciclacibilidad : SI

volver al indice de senderos
situación en la provincia de Lugo


Descríboche aquí unha que fago eu moitas veces xa que me queda preto de Sarria.

Rota pola ribeira do Loio

     O río Loio é un afluente pequeno do Miño, que transcorre tranquilo ata que chega á altura de Paradela onde se encañona notablemene e descende uns 300 metros en pequenas fervenzas ata que se xunta co Miño no encoro de Belesar.

     A ruta comeza en Paradela. Xusto no centro de saúde do Sergas sae un camiño (xa sinalizado) que descende por un souto de castiñeiros ata chegar a unha ponte de madeira onde por primeira vez cruzamo-lo río. Aquí xa nos pasamos á outra beira e atravesando fragas con carballos, freixos, acibros, e castiñeiros, axiña chegamos ó antigo muiño da Retorta, onde novamente atravesamo-lo río Loio. Este tramo é máis umbrío e nalgun sitio pode estar con pozas de auga (sen problemas). Aquí hai algún que outo desvío pero todo o camiño atópase perfectamente sinalizado.

     Novamente volvemos a cruza-lo río noutra ponte de madeira e aquí temo-la oción de botarlle peito e intentar facer un descenso de cañons segunido o cauce (é fodido) ou seguir polo camiño, que a partires de aquí xa se vai alonxando do río.

     Xusto antes de chegar ó pobo das Cortes temo-la opción de ir ve-las ruinas do antigo mosteiro do Loio. Continuando pola rota cheghamos a As Cortes, onde xa só nos queda unha baixada por unha pista asfaltada ata chegar ao punto final que é a estada de Portomarín, xusto enfrente dun restaurante.

     ó final da ruta hai 2 restaurantes

Contribuido por: X Iván Quintana López


plano del recorrido. ¡Gracias Iván!

volver al indice de senderos