Aqui teneis un horario aproximado del recorrido (no lo he realizado, ha sido sacado de un tríptico).
Comenzaremos o camino, xusto o pasar Paradela, dirección Susaus. Xa dende aquí, e antes de escomenza-la ruta podémonos achegar ata o alto das Penas de Matacás, dende donde poderemos observar unha boa parte do Cañón do Sil
Xa postos na ruta, debemos tomar a estrada que vai en dirección a Susaus (esta parte do percorrido é asfaltada) e que transcurre case toda polo medio dun pinar. A 3,4 Km. do comenzo da ruta debemos tomar unha pista a man esquerda que nos conducirá ata o primeiro desvío, As Cavas nos Fuxidos. Éste desvío non é ciclable, e é de gran dureza para os senderistas, pero merece a pena facelo, ya que nos conducirá ata os escondrixos dos derradeiros fuxidos da postguerra, e así a parte de mostrarnos unha increíble paisaxe permitiranos coñecer o modo de vida que levaron estes maquis.
Seguindo coa ruta, a 4,9 Km. do inicio chegamos a Pena do Xabrego, dende donde poderemos disfrutar das formas caprichosas do Sil, cos seus meandros baixo a Cubela. Seguindo a pista, e sempre costa abaixo e entre pinares chegaremos ós primeiros soutos e viñas das Carballeiras, donde poderemos encher a cantimplora nun pequeno regato.
Logo, a puco máis de 1 Km. chegamos a un cruce que de toma-lo a man esquerda, conduciranos por un desvío entre un inmenso souto plagado de sequeiros ata a Igrexa de Tronceda, considerada unha das de máis dificil acceso de España. No anteriormente citado cruce si tomamos a man dereita (comenza a costa arriba) para continuar coa ruta, a pouco máis de 500 m. atoparemonos có pobo abandonado das Carballeiras, lugar no que poderemos facer un alto para tomarnos mellor o ascenso que nos queda. Si seguimos a andar non mui lonxe das Carballeiras atoparemos un desvío a man esquerda que nos conducirá o pobo abandonado de Tronceda, 6 cual merece a pena achegarse e disfrutar del. Para seguir có camiño no desvío anterior tomaremos a man dereita para logo de andar 2 Km. tomar a man esquerda por unha pista que se introduce na repoboación de pinos. 1.5 Km. máis adiante atoparemos un sendeiro á esquerda que nos fará cruzar tódolo pinar (zona bastante dura en Mountain Bike) para conducirnos ata un cortalumes que teremos que ascender ala chegar a estrada (asfaltada) da serra. Nesta estrada tomaremos hacia a esquerda, logo de pasar o carón de varias mámoas (enterramentos megalíticos) alcanzaremos a Pena do Xastre, o cual significará que rematamo-lo percorrido.
CASTRO CALDELAS
A vila de Castro Caldelas, está situada a 47Km. da cidade de Ourense, pola estrada C-536 dirección A Rúa. Estas terras presentan gran variedade xeográfica xa que participan na conformación de zonas de ribeira e montaña, debido o seu desnivel, que oscila entre os 1.287 m. da serra do Burgo ós 233 m. da ribeira do Sil.
Caldelas é un concello situado estratexicamente na entrada oriental da Ribeira Sacra, paso obrigatorio á estación de Cabeza de Manzaneda e ó carón da Serra de San Mamede. E por iso que desde alí se poden escomenzar imnumerables rutas. tanto monumentais como paisaxísticas, para visita-la zona e poder disfrutar dunha das comarcas máis interesantes da Galicia do interior.
|
|