logotipo

img_google
O Vizconde da ILLA -Entrimo-
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

O VIZCONDE DA ILLA

Rodrigo de Villandrado, Conde de Ribadeo, foi preferido do Rei Juan II e murio asasinado nunha conxura dirixida ao monarca.

Na paróquia de San Lorenzo da Illa nacio, no século XV, un nobre soldado chamado Rodrigo de Villandrando que empresto grandes servizos ao Rei Juan II, chegando a morrer no seu lugar no transcurso dunha conxura cortesana. As suas fazañas levarono a Francia, Guinea ou a Guayana entre outras terras. Os seus servizos ao Rei foron recompensados con honras e títulos, entre os que destacan o de Conde de Ribadeo e Visconde Da Illa.

Emparentou coa casa dos Borbons e dos Condes de Monterrei. As armas e as campañas militares deixaron-lle tempo para a poesia escrebendo algunhas rimas que ainda se conservan. Nacio este nobre cabaleiro na aldea da Illa, paróquia de San Lorenzo, na primeira metade do século XV, na casa solariega dos seus proxenitores. Ainda se recoñece o solar onde estivo ubicado o Pazo natal, coñecido co nome de "La praza do Conde", nas inmediacións da que hoxe é casa da família Martínez. Sen embargo non fica vestigo algun da construcción. Foron os seus pais, segundo Benito Fernández Alonso (escritor Entrimeño), Don Pedro de Villandrando e Dona Inés de Corte "personas limpas e de estado noble", citando a Hernán Pérez de Polegar.

Ainda sendo adolescente foi levado polos seus pais a Valladolid, onde obtivo unha excelente educación en letras e armas. alistándose coa frota que Juan II de España, por disposición das Cortes, mando en axuda do Rei Frances Carlos VII que loitaba contra os Ingleses. nesta primeira aventura ascendeu de soldado a capitan daqueles grandes exércitos. nas xornadas de Gravelle (1423), de Montargis (1427) e na epopeia de Orleans na que se inmortalizó Juana de Arco, Don Rodrigo, actor na loita, servia ao mesmo tempo a dous monarcas o Francés e o monarca Castelán, a quen tamén os Ingleses declararón a guerra. Distinguiu-se nas maiores batallas e na conquista de Guinea, cenário principal das fazañas do cabaleiro entrimeño. En prémio aos seus esforzos e como recompensa aos servizos pola liberdade dunha nazón esmagada, o Rei de Francia Carlos VII lle concedeu fueiros especiais.

Mentres en España, o soberano de Castela estaba en apuros provocados pola cobiza de poder dos infantes de Aragón. Chamou o Rei ao seu nobre e leal cabaleiro Rodrigo, voltando de Francia con catro mil arqueiros e ginetes que estaban ás suas ordes. Interveu a favor de Juan II pacificando pola forza das armas vários dos señores rebelados.

Como pago aos seus servizos, en 1439 lle foi outorgada a Vila de Ribadeo co título de Conde da mesma. Caso-se Don Rodrigo de Villandrado coa filla do Duque de Borbón, emparentando coa casa real de Francia (Dona Isabel de Borbón). Fruto deste matrimónio naceu unha filla tamén chamada Isabel, que se casaria no seu dia con Don Lorenzo Suárez de Mendoza, primeiro Conde da Coruña. Ao enviudar Don Rodrigo, casaria-se por segunda vez con Dona Teresa de Zúñiga, filla do Conde de Monterrei.

Outra das honras que outorgou o Rei a Don Rodrigo, despues do seu regreso a España, foi o de Visconde Da Illa, lugar onde naceu. Este título nobiliário adoptaron-o os Condes de Ribadeo, Duques de Hijar, Condes de Aliaga e outros sucesores seu.

ROUPAS DE REI E UNHA MORTE HEROICA

O dia 9 de Xaneiro de 1441, o Rei de Castela Juan II, concedeu-lle a Don Rodrigo o singular priviléxio (extensivo aos seus descintes) de comer cos Reis na festa da Epifanía e a receber destes o vestiário que utilizaban os Reis nesta celebración. no pazo dos Duques de Hijar, actuais Condes de Ribadeo, di-se que hai unha estáncia na que aun se custodian os traxes regalados polos monarcas españois aos descintes de Don Rodrigo. Este priviléxio foi concedido polo Rei ao cabaleiro de Entrimo en prémio pola defensa que fixese en 1440, cando o Infrante Don Enrique promoveu unha forte alteración en Castela no momento que Juan II chegaba á cidade de Tolego. Os rebeldes do Infante foron derrotados por trinta soldados ao mando de Don Rodrigo, grazas á estratéxia, dotes de mando e comportamento do Visconde Da Illa.

Di a tradición, avalada por alguns historiadores, que a morte de Don Rodrigo de Villadrando foi o que puxo final á mais absoluta fidelidade ao Rei Juan II. Os señores de Castela tenian dito asasinar ao Rei aproveitando para esta tración unha enchente que ofereceron ao monarca como falsa mostra da sua fidelidade. O Conde de Ribadeo tivo coñecemento da conxura e apresentou-se ante Juan II o dia do festín, que cadraba coa celebración dos Reis Magos. O nobre entrimeño alertó ao seu Rei e levou-no co a lugar mais seguro do Castelo, lonxe dos conspiradores. Estes, furiosos por ser descubridos, perseguiron ao Rei e ao cabaleiro entrando no cuarto onde deberia alojarse Juan II. Cando viron no cuarto un home vestido coas roupas de Rei afundiron os seus puñais no corpo que resultou ser o de Rodrigo de Villandrando, muriendo asi no lugar do seu señor nun acto de suprema fidelidade.

Don Rodrigo foi tamén poeta. Hernando do Castelo recolle algunha das suas rimas no "cancioneiro da Lírica Española".

O escudo de armas dos Villandrando, Viscondes Da Illa, foi blasonado con unha lua escamada de ouro e negro sobre campo branco. Tres faixas azuis sobre dourado e orla de oito castelos de ouro en campo de azur.

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com