logotipo

img_google
The Tedis
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Grupo formado no ano 1.964, amenizou coa sua música a boa parte de Lobios e a Baixa Limia ata a sua disolución en 1.970. Todos os seus compoñente eran emigrantes - excepto Benito carteiro- ; iso complicaba as cousas e só se xuntaban nos catro meses que tiñan que pasar en Lobios acabada a tempada no estranxeiro (de novembro a febreiro, entón novamente tocaba facer a maleta). Durante estes catro meses actuaban todolos domingos pola tarde-noite (e alguns sábados) no Casino de Entrimo. Ao tratarse dunha época na que case non habia festas pola zona - ás cais eles acostumaban asistir pois aos mais xovens gostaballes a sua música- aproveitaban este lugar de referéncia para deleitar ao persoal. Como consecuencia diso, a sua relación coa Banda de Lobios foi tensa, debido a que se eles asistían a unha festa a Banda non era chamada. Cando o grupo se disolveu no ano 70, estes compoñentes integráronse na Banda. The Tedis estaba rexistado como grupo (orquestra) no Sindicato de Espectáculos de Ourense.

Información facilitada por: Beniño Alonso (viciño de Zapateiros)

THE TEDIS

Os compoñentes de The Tedis (de esquerda a direita) son:

Suso, Benito "Carteiro", Antonio "Grolo", Toño "do Jesús" (na bateria sustituindo a Vieira "da Beatriz" que no ano en que se quitaron as fotos non pudo retornar da emigración) e Antonio "Canadas".

THE TEDIS

¡ Oxalá estas fotos sirvan para reviver os recuerdos daqueles anos e os seus momentos felices!. Moitas grazas a Benito Alonso por nos contar e mandarnos estas fotografias e con iso non condenar ao esquecemento a un grupo que supuxo unha revolución naqueles tempos tan difíciles.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com