Comentarios sobre "SONS DE BALEAS"

Poemario de Noelia Rodríguez

baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
Xosé Luis Méndez Ferrín fai mención do Libro Sons de Baleas, na sua columna no Faro de Vigo así como a otros temas relacionados co Xurés e as suas xentes.

Faro de Vigo 02-06-2003

SEGUNDA FEIRA
Presenza do Xurés
X.L. MÉNDEZ FERRÍN

A fronteira de Portugal cos reinos que co tempo serían España é a máis antiga e permanente de Europa. Así e todo, nótase nela algo político, contrario á razón, superposto e indesexábel, polo menos no que respecta ás partes que, ao lles chamarmos galegoportuguesas, revélasenos o feito de que separan o que estivo e aínda está unido. Tema difícil, que o Xurés simboliza se sabemos achegarnos a el e escoitalo.
O Xurés é un macizo montañoso que a fronteira cruza literalmente contra natura. Desde moi lonxe, o Xurés avisa da súa existencia rebelde: agullas verticais, fantasmagóricas, que, todo arredor, contrastan coa mansedume das medas e serras redondeadas do vello conxunto galaico-duriense. No Xurés está o Mato da Albergaria, mancha prodixiosa de bosco boreal con tímidas citas mediterráneas. No Xurés, rubindo pola vía romana desde o Rio Caldo, atópase a instalación misteriosa dos miliarios inútiles, que se repite no camiño de Vilarinho das Furnas e que ningún arqueólogo diu explicado. Os osos viviron no Xurés ata andado o século XIX, así como as cabras montesas que están sendo recuperadas a partir da iniciativa de Xosé Benito Reza e para ben. Aínda quedan "cortellos do oso" no Xurés, con colmeas pero sen osos, e a estampa do castrón salvaxe campa de novo de riba dos grandes penedos. Na Fonte Fría, cos seus megalitos ao pé, está a aldea morta de Salgueiro e o citado Vilarinho xace asolado por un encoro, ambos poboados de pantasmas e lembranzas. E mil cousas máis, e mil misterios, que o señor Xosé Lamela Bautista coñece moito ben e conta mellor. No Xurés, en fin, corren as greas de "garranos" ou cabalos de nación galega, e pacen as vacas piscas de corna lírica e ollos de vampiresa malencónica.
O dito Lamela prologa Sons de Baleas, libro de poesías en galego de Noelia Rodríguez, que edita CALIDUM ("Clube de autores minhoto-galaicos") co subsidio dos concellos de Terras do Bouro e de Lobios (a unha e outra banda da raia política que parte o Xurés). Trátase, pois, dun libro arraiano e convértese en máis arraiano aínda cando sabemos que a súa autora é unha muller nova de Vilameá do Xurés que fora nada en Lisboa.
A Lamela non lle soprende o título do libro: nas augas quentes do Rio Caldo semella ser que repercuten as marés oceánicas e, endemais, a "balea" parece constituir unha marca xeracional nos poetas mozos de arestora en Galicia.
O libro de Noelia é profundo e acolledor. Circulan polas cabeceiras dos poemas citas de Novoneyra, de Emily Dickinson, de Teixeira de Pascoais, de Neruda, de Manuel Antonio, Burbulla, coma "o cálido nacente dos Baños" do Rio Caldo un intimismo sentido que nos atrai. Logo, a este mergullo quente, xúntase a xorda carraxe, a inquedanza fronte a adversidade, o porlle cara ás raices, á lembranza, á amizade, ás carencias da Patria. En verbas de sirgo, digo.
Subo eu agora por Vilameá, por Toneiros, pola górgua arriba, deixo a Nosa Señora do Xurés, á esquerda, cambio a antiga moeda en Comercial Yáñez, entro no máis belo país do mundo (estou na miña mocedade, no pasado), trasfego uns copos na "Flor do Gerés", Pitós das Junias. Foron días duros en que a fronteira aínda non era volátil, como agora, e só a desafiaban o guerrilleiro e o contrabandista. ¡Benvidos ese Sons de Baleas!

Xulio Couxil Vázquez, reconocido Gallego en Cataluña, es el director del programa Saudade que emite la Radio Nou Barris de Barcelona, es el responsable de las ediciones de las revistas de varios de los centros Gallegos de Cataluña, como es el caso de la revista Xurdimento del Centro Gallego de Lleida, la revista Nós del Centro Gallego Nós de Sabadell, la revista Saudade de la Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona entre otras.
Aproveito este momentiño de lecer e descanso para escribirche outra volta e
para volverche a da-las gracias polo libriño “O son das baleas” que me
fixeches chegar e do que din boa conta del lendo, e volvendo a reler as súas
poesías. Fíxenlle chegar os meus saúdos ó Sr.Lamela e comuniqueille que debe
felicitar á súa autora, o que tamén che volvo a remarcar a ti. Gustoume
moito e xa puiden facer partícipe do seu contido os nosos oíntes da radio
nos programas pasados. Seguro que volverei a ler algún que outro nas
vindeiras emisións.
Valeria Alvarez
valeria@ohl.es
Hace ya algún tiempo y por circunstancias laborales tuve la fortuna de conocer al Sr. Xosé Lamela Bautista. La contagiosa pasión que siente por su tierra y por todo lo que a ella se refiere ocasionó que llegara a mis manos el libro de Noelia Rodríguez "Sons de Baleas".
Hubiera querido expresar en la lengua que utiliza la autora lo mucho que me gustaron sus poemas. No obstante, utilizaré un lenguaje universal, que, en cierta manera, ella también utiliza, que es el lenguaje de los sentimientos para decir que de sus poemas se desprenden sensaciones de melancolía, nostalgia y amor emitidas con una fuerza que hace que el lector pueda sentirse en algún momento identificado con ellas, como al menos ocurre en mi caso. Significativos versos que denotan la influencia de alguno de los autores que ella cita.
Agradezco a Noelia que me dedicara su libro, que guardo como un valioso tesoro y la insto a que siga deleitándonos con sus poemas, alzándose como estandarte de una juventud que no permite que se pierdan unos valores que no deben quedar en penumbra.
Asímismo, aprovecho la ocasión para felicitar al Sr. Jesús A. Díaz por la creación de una página que ofrece a personas como yo, que desgraciadamente desconocen la Baixa Limia, la oportunidad de ampliar de forma amena el conocimiento de la misma, e incluso, de poder participar haciendo sus propios comentarios.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com