| PERCORRIDO
- Esta rota discurre na sua totalidade por zona
de montaña, percorrido pola cara setentrional da Serra do Xurés
e sen atravesar nengun núcleo de poboación. Este é un percorrido
eminentemente paisajístico.
- A rota inicia-se a 700 m. de altitud e discurre
até unha altura de 940 m.
- no transcurso do percorrido poden contemplarse
os grandes blocos graníticos coas formas naturais mais variadas.
- na vexetación que nos encontrarémos predomina
o monte baixo, que aparecen ocasiónalmente conxuntos de árbores
de acevo, albedros, piñeiros, eucaliptos, etc.
- Percorridos uns 4 Km. desde o início da rota,
tómase un camiño á esquerda da pista central e comeza o descenso.
- Despois de 1,5 Km. atinxe-se unha cabana de
pastores, onde se poden observar os restos dun curro recinto
de pedra onde se pechaba o gando mentres os pastores durmian.
- Avanzando un pouco mais e desviando-nos á esquerda
atopando-nos co leito do regato Corgo de Carballón, con grandes
pedras irregulares nas marxes e ao lado estende-se un pinar.
- Continuando o carreiro chegamos á rota principal,
é dicer, á pista forestal das Sombras, que nos leva outra vez cara
a direita e desde aqui á estrada de Lobios coa Portela d'Home.
|