Sendeirismo / Ruta do Río Vilameá
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
Lobios
 

Comenzo: Vilameá.

Remate: Vilameá.

Distancia: 1600 m.

Percorrido: Circular.

Dificultade: Baixa.

Interés: Botánico, etnográfico e paisaxístico.

Forma de Chegar: pola estrada que une Lobios co Parque Nacional Peneda Gerês, chegando á aldea de Vilameá, tomase o primeiro desvio á esquerda e atopamonos unha ermida (Santa Lucia), seguimos a estrada e chegamos directamente ata o inicio da rota.

Percorrido: Esta ruta discurre na sua totalidade por ambas marxes do Rio Vilameá, pertencinte á conca hidrógrafica do Rio Límia. no transcurso do percorrido podemos contemplar unha dúcia de muíños: cinco na marxe izquierdo e sete na marxe direita, restaurados polo Parque Natural Baixa Limia-Serra dó Xures; hai dous muíños co tellado de pedra, un co tellado de palla e o resto teñen tellado de tella, respeitando a sua construcción orixinal.

 

LENDA

Lonxitude: 1.600 m. Tempo: 45 minutos. Dificuldade: Baixa.

1.- Muiño dá pon-che Nova. 2.- Muiño dó Tenro. 3.- Muiño Novo 4.- Muiño dá Fulgueira dó Mexo. 5.- Muiño dá Fulgueira dá Riba. 6.- Muiño dó Balde de Riba. 7.- Muiño dó Balde dó Mexo. 8.- Muiño dó Balde de Baixo. 9.- Muiño dá Sela II. 10.- Muiño dá Sela I. 11.- Muiño dá Laixiña. 12.- Muiño dó Pe de Luz.

LENDA

1.- Rodicio. 2.- Inferno. 3.- Balde. 4.- Eixo. 5.- Moa. 6.- Ollo. 7.- Pé. 8.- Adella. 9.- Adellón. 10.- Taranvelo. 11.- Aliviadeiro. 12.- Porca. 13.- Agulla. 14.- Raio.

Funcionamento: Os muíños do Rio Vilamea son de tipo Rodicio. Onde unha aspa de madeira ou ferro se move coa forza da auga que entra nas caldeiras do Infernoa través do Baldesituado no lado oposto do Rodicio á sua vez o Rodicio xunto á vara e ao Eixo de madeira move a Moa pedra circular no interior do moíño furada no meio, sendo polo Ollo por onde entra o maiz para ser esmiuzado e, saindo fariña entre a Moa e o que tamén é de pedra; a fariña recolle-se do chan despois de ser varrida con unha vasoira feita de xestas. O grán para moer introduce-se nun recipiente de sección troncocónica, chamado Adellaonde cai o Adellón caixón movebel que é impulsado polo Taranvelo. O grosor da fariña dependerá da separación entre A Moa e oregulable através do Eixo o Aliviadeiro que vai unido á Porca por unha madeira perpendicular ao Eixo ou vara sobre a que xira ésta a través do contacto entre duas pedras -a Agulla e o Raio.

A RUTA

  • O Rio Vilameá pertence á conca hidrográfica do Rio Límia. á longa da mesma, en ambas marxes existe un conxunto de Moíños tradicionais movidos por Auga. Os muiñeiros empregaban a auga do rio como fonte de enerxia, moían o grán (millo, centeo ou trigo), obtendo a fariña.
  • coa chegada dos moíños eléctricos e a emigración das xentes cara os núcleos urbanos, estes moíños foron caindo no desuso, chegando a deteriorarse co paso do tempo.
  • Estas edificacións de pedra marcaron durante vários séculos a cultura popular galega, onde os moiñeiros pasaban as suas horas falando, comendo e mesmo danzando o baile popular galego (a muiñeira). Por todo iso, constituen un apreciado e valioso tesouro arquitectónico que é merecedor de conservar.
  • Con este fin o Parque Natural Baixa-Límia, Serra dó Xurés, dentro do seu programa de Restauración Patrimonial, trazó unha rota de 12 moíños no rio Vilameá, restaurando-os con persoal especializado. As pezas e demáis compoñentes dos moíños foron reconstruídos por un carpinteiro do lugar, grande coñecedor dos entresijos destas construccións.
  • Merece ser destacado o feito de que facendo a rota dos moíños do rio Vilameá atoparemos restos arqueológicos, vestíxios da época romana. Tamén cruza un tramo da antiga via romana nº XVIII -Via Nova- que vai desde Braga até Astorga (Bracara-Astúrica), séculos II e III d. c.

OS MUÍÑOS

  • Entre o conxunto de muíños hai dous co tellado de pedra, outro con tellado de madeira coberto de palla de centeo (colmo) sendo os restantes de madeira e tella comun.
  • Alguns muíños teñen na sua parte exterior -á altura dos ombros- unha pedra para poder pousar os sacos de grán mentres abre-se ou pecha a porta.
  • Nos canais instalaron-se reixas de ferro para impedir o acceso de peixes, segundo dispón-se na Lei 7/1992 de Pesca Fluvial de Galicia.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com