Sendeirismo / Ruta de Queguas
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
Entrimo
 

Comenzo: Queguas.

Remate: Queguas.

Percorrido: Circular.

Distancia: 6,5 Km.

Dificultade: Media.

Interés: Paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico.

Forma de Chegar: Desde Entrimo, pola estrada que pasa por Vilar e Venceás, a 2 Km., atopamo-nos a aldea de Queguas, onde acaba a estrada asfaltada e comeza un percorrido a pé.

 

PERCORRIDO

  • Desde a aldea de Queguas, situado a 900 m. de altitud, iniciamos a rota por un camiño lastrado (posíbelmente unha antiga calzada real) que discurre entre Castañeiros e Carvallos.
  • Despois dos primeiros 500 m. chegamos ao lugar dos Currais, formado por 5 ou 6 construcións que serviron para alojar gado e que hoxe se atopan totalmente abandonadas.
  • Nos Currais, tomamos un carreiro á esquerda que conduce até a Guriña. Este carreiro acaba aos 500 m. do seu início e continuamos subindo cara a serra polo monte baixo.
  • Unha vez atinxidas as coutas mais altas, próximas ao lugar denominado Cha, observamos unha paisaxe natural de espectacular beleza. Pode-se ver a Serra do Leboreiro (Portugal), a Serra do Xurés (Lobios), a Serra do Quinxo (Entrimo), o encoro de Salas (Muiños), etc.
      • neste lugar é frecuente atopar "garranos" ou "ponis Gallegos", cabalos da zona que viven nun rexime de semilibertad.
  • A Rota continua con un suave descenso para entón voltar a subir cara o impresionante monumento megalítico -ainda que deteriorado- denominado A Casiña dá Moura.
  • Desde aqui o camiño chega até As Cortes da Carballeira. Trata-se duns antigos cortes convertidos hoxe en albergue (polo Parque Natural Baixa-Límia, Serra dó Xurés); as construccións remodeladas dispoñen de duchas e servizos con auga corrente. Outra parte das mesmas seguen sendo cortes onde se guarda o gado vacino.
      • Ademais, podemos visitar a capela dedicada á Nosa Señora da Ascensión, onde se celebra unha romaria no mes de Xullo.
  • Desde As Cortes da Carballeira iniciamos un descenso de 2 Km. até o fin da rota no mesmo camiño lastrado do início.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com