| Sendeirismo
/ Ruta do Pan e do Viño |
|||||||||
| |
| Lobios |
ASOCIACIÓN
CULTURAL AQUIS ORIGINIS |
||||
|
Comenzo: Padrendo Remate: Padrendo Percorrido: Lineal. Dificultade: Baja. Interés: Etnográfico. Forma de Chegar: pola Estrada N-540, en enderezo a Porte-a dó Home (Portugal) chegamos até Lobios, desde aqui diriximo-nos para Riu Caldo (Devesa), até chegar a Padrendo. Tamén podemos seguir a N-540 cara a raia da Madalena, pero debemos cortar á esquerda pasado a primeira ponte que nos atopamos despois do cruce de Lobios. |
|
| SITUACIÓN Padrendo é unha aldea situada na ladeira dunha montaña das moitas que conforman a serra do Xurés. Xunto coa Devesa, Vilameá, Bubaces e Torneiros compoñen a parroquia de Santa María do Val de Riocaldo, pertencendo administrativamente ó Concello de Lobios. A moderna política medioambiental quixo situala xusto no centro xeográfico de dous espacios naturais protexidos: o Parque Natural Baixa Limia-Serra dó Xurés e o Parque Nacional Peneda-Gerês.
O PARQUE ETNOGRÁFICO DO PAN E DO VIÑO esténdese ao longo dun percorrido de 900 metros pola parte alta da adea e os seus arrabais. O medio confórmano a propia aldea e unha paisaxe agrícola de especial beleza dominado polos cumios da Serra do Xurés e de Santa Eufemia. DESCRICIÓN E CONTIDO Trátase dun espacio moi ben conservado con unha elevada concentración de elementos arquitetónicos de agricultura tradicional, os cales foron restaurados coa finalidade primordial de recuperar parte da memoria histórica da aldea. Pero a beleza do medio natural, e a estética dos elementos arquitetónicos que o compoñen e o valor cultural de todo o conxunto convérteno nun espacio lúdico fora do normal: ó longo dunha rota sinalizada amósanse ó visitante as edificacións e os utensilios de labranza que se utilizaban no cultivo, almacenamento e transformación dos produtos dos que o resultado final eran o pan e o viño, oferecéndose unha visión integral destes procesos. Os elementos que compoñen este parque temático, seguindo a orde na que se atopan situados ó longo da rota, son os seguintes:
Trala sua viaxe ó longo de 900 metros, e moitos séculos de historia, o visitante poderá tomarse un merecido descanso nunha pequena área recreativa que alá foi construída. Poderá, tamén, lembrarse de todo o que viron os seus ollos e imaxinar cómo era a vida da xente do lugar noutros tempos, que facían o mesmo percorrido moi a miudo, ... coa diferencia de que levaban nos seus ombreiros un saco de millo. |
| ©
www.baixalimiaxures.com |