Sendeirismo / Ruta de Padrendo
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
Lobios
 

Comenzo: Padrendo

Remate: Padrendo

Percorrido: Circular.

Dificultade: Media-Alta.

Interés: Paisaxístico e etnográfico.

Forma de Chegar: pola Estrada N-540, en enderezo a Porte-a dó Home (Portugal) chegamos até Lobios, desde aqui diriximo-nos para Riu Caldo (Devesa), até chegar a Padrendo. Tamén podemos seguir a N-540 cara a raia da Madalena, pero debemos cortar á esquerda pasado a primeira ponte que nos atopamos despois do cruce de Lobios.

 

PERCORRIDO

  • Desde Padrendo por unha pista de terra enderezo Costa dó Santo. Este ascenso é moi pronunciado, cruza un pequeno regato e, seguindo a suba, atinximos un pequeno chan de vexetación de monte baixo que se estende ao pé da Serra de Santa Eufemia, con unha altura de 1.107 m. de altura.

LUGAR DE COMENZO DA ROTA

  • O ascenso segue o seu curso a través do regato Costegaza. A partir de aqui, e entón dun pronunciado descenso, chegamos a Torneiros. A paisaxe muda radicalmente, o monte baixo e as suaves formas dan paso a formacións rochosas. Durante esta baixada se bordea o regato de Toucedo, con un pequeno cachon visíbel na marxe direita da pista.
  • Despois de percorrer 3.350 m. desde o início da rota, continuamos por unha pista asfaltada situada á esquerda do camiño que chega a Torneiros, a uns 300 m. nesta aldea destacamos os hórreos construídos totalmente en pedra -mesmo no tellado- empregando pezas de granito planas. Esta aldea é o último núcleo de povoazón antes da raia con Portugal.
  • A saída da aldea tomamos un camiño á direita que se adentra no bosque de aciñeiras, carvallos, piñeiros, albedros e outras espécies como acacias e algun que outro eucalipto.
  • A 4.500 m. do início do percorrido tomamos un camiño pedregoso que aparece pola esquerda. Seguindo este camiño, atopamos un Colmenar no que moitas das colmenas son de elaboración tradicional (feitas co corcho das aciñeiras e co tellado de palla). Nas suas proximidades existe unha mina de auga.

VISTA DO POBO DE PADRENDO, DENDE O CAMIÑO DE VOLTA

  • Continuando a rota, aos 5.350 m. chegamos a unha estrada asfaltada, á sua esquerda a igrexa paroquial, dedicada a Santa María dó Val de Riocaldo (1818), onde destacan o retábulo, as escultura e a ourivesaria (o incensario e a naveta de estilo rococó). A casa reitoral anexa á igrexa está totalmente abandonada. A paróquia comprende as aldeas de Padrendo, Vilameá, A Devesa, Bubaces e Torneiros.
  • 100 m. mais adiante atopa-se o Outeiro -antigamente Proendo- que na actualidade está en ruínas, se ben ainda podemos ver as suas adegas coas suas vellas prensas para o viño feitas de pedra. O proceso consistia en botar o bagazo das uvas e entón prensá-lo deixando sair o resto de viño que contiña e recollendo-se éste nun depósito de pedra.

OUTEIRO, ULTIMO LUGAR A VISITAR NA ROTA

OUTEIRO, POBO ABANDONADO EN PADRENDO (LOBIOS), ao fondo divisamos o monte que devemos atravesar no noso percorrido.

  • Saindo de Outeiro, somente separan-nos 600 m. do fin da rota en Padrendo.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com