Iniciamos
a ruta (uns 110 Km.) en Bande, tomamos a estrada N-540 cara a vila romana
de "Aquis
Querquennis" e a 2 km. a "Igrexa
de Sta. Comba". Despois de desfrutar da paisaxe
do encoro das Conchas, podemos achegarnos á "Ermiña do Viso"
e visitar os monumentos megalíticos do "monte das Motas"
excavados por F. López Cuevillas en 1.923. Para comer un bo lugar é
Lobios. Dende aquí achegarémonos, en direción á
Portela d' Home a Bubaces, onde están os "Baños
de Riocaldo" (5Km.), e entón ata a "ponte
Nova" (4 Km.). De volta a Lobios tomamos a estrada da Cela
e a tan só 4 Km. chegamos ao "castelo da Vila"
e a uns 20 Km. mais, Maus de Salas para comenzar o "circuito
Megalítico". Se nos satisface a rota, en outras ocasións
seria posible visitar outros lugares históricos e arqueolóxicos próximos,
coma o "Castelo
de Lindoso" (Portugal), a "Igrexa
de San María a Real" en Entrimo, ou o "Castelo
de San Rosendo" (Castro Leboreiro -Portugal-). Todos estes
monumentos moi próximos entre si. |
 |
IMOS
FACER UNHA EXCURSIÓN POLA BAIXA LIMIA A TRAVES DO TEMPO.
XOGAREMOS DENDE A EPOCA DOS ROMANOS ATA A PREHISTORIA, E DENDE
ÉSTA ATA A IDADE MEDIA, COMA SE VIAXÁRAMOS NA
MÁQUINA DO TEMPO. VEREMOS A OBRA DESTAS XENTES NA NOSA
HISTORIA, COMO VIVIAN, ONDE SE ENTERRABAN E MESMO POR ONDE CAMIÑABAN.
A VIAXE SERÁ
POSIBLE COA ATENTA OBSERVACIÓN DOS RESTOS ARQUEOLÓXICOS,
COAS COUSAS QUE ELES NOS CONTAN. PREPARÉMONOS PARA ESCOITAR
O SON DAS PEDRAS...
|
|
AQUIS QUERQUENNIS (Bande):
Cronoloxía Altoimperial (s. I-II d.C.). Romanización
O conxunto arqueolóxico,
próximo á Vía XVIII, está formado por
tres elementos distintos: o Campamento, ou recinto fortificado
que acolle unha unidade auxiliar da Legió VII Gemina.
A Vila, rexida por un Dominus (Señor) con unha
adicación preferentemente agrícola. A Mansión, lugar
de descanso e hospedaxe para viaxeiros e animais de tiro e carga.
Nesta zona as mansions localízanse nas proximidades de
fontes termais.
|
|
 |
SANTA COMBA
(Bande). S. VII. Visigótico (Alta Idade Media)
O Templo é a única construcción
conservada dun antigo mosteiro. Ata o s. XVII gardou as reliquias
de San Torcuato. Ten planta de cruz grega con unha capela retangular
en cabeceira, e está dividida en tres naves cubridas con bóvedas
de cañón, que insinuan a forma de ferradura. Os capiteis,
de estilo corintio, apóianse en colunas de mármore. No
ábside consérvase unha fermosa celosía de mármore calado.
|
BAÑOS
DE RIOCALDO (Lobios). S. I-IV d.C. Romanización
Os restos da Vila están formados
por varias dependencias entre as que destaca unha casa con hipocausto.
Este sistema de calefacción consiste nunha cámara de aire edificada
baixo a casa, sostida por pilastras de ladrillos, que se quentaba
por medio de varios fornos adosados. O teito desa cámara cadra
co chan da estancia e o calor irradia dende o sótano cara o interior
da vivenda a través do chan. Esta Vila, chamada "Aquis
Originis", está ao lado da fonte termal de río
Caldo ou Calidus.
|
 |
 |
A PONTE NOVA:
VIA XVIII ou VIA NOVA (Lobios). S. I d. C. Romanización
A calzada xunguía as
cidades de Brácara Augusta (Braga) e Astúrica
Augusta (Astorga). Foi construida con pedras alisadas encaixadas
sobre unha trincheira excavada nas ladeiras do Xurés. Nesta paraxe
da Ponte Nova concentráronse varios miliarios (feitos para
indicar a distancia en millas dende Braga), movéndose dos
seus lugares orixinais, que coincidían coas millas.
|
CASTELO DA
VILA (Lobios). Ata S. XV. Baixa Idade Meia.
As suas ruínas mostran as tipoloxía
dun castelo rochoso, erguido sobre un irregular bico con fáciles
defensas naturais, reforzadas con murallas, torreóns e
un foso excavado na pedra. A documentación atestigua a sua existencia,
cando menos, no século XII e a sua destrucción violenta asemella
cadrar coa Segunda Guerra Irmandiña (finais do século XV). A fortificación
xogou un destacado papel no transcurso das guerras da primeira
independencia de Portugal.
|
|
| |
MEGALITOS
DO VAL DE SALAS (Muiños). 3500 a. C. - 2000 a. C (Megalitismo-Neolítico
Final)
Estes monumentos funerarios,
semellantes ós nosos panteóns, estaban formados por unha
cámara, edificada con grandes lousas, e un túmulo, unha pequena
morea de terra protexida por unha coraza de pedras e que case
cobre a cámara. Nela introducían os defuntos, xunto con
un número de pezas funerarias: machetas, gubias, puntas de flecha,
todos de pedras, asi coma cerámica e outros útis. Os construtores
destes monumentos foron os primeiros agricultores e gandeiros
que coñecemos nesta bisbarra, hai case 6000 anos.
|
|