| |
A ruta dos
Muiños do rio Mao atópase na parroquia de Manín (Lobios).
Este rio, que desemboca no Limia, discurre polas ladeiras da
Serra de Santa Eufemia, e os muiños construídos ao longo do
seu curso (uns vinte) moían o grán das aldeas de Manín, Ludeiros,
Compostela e Aceredo. Os muiños que pertencían á aldea
de Aceredo quedaron case todos baixo as augas do encoro de Lindoso
(uns 8). Se comezamos en dirección contraria ao curso
do rio - de abaixo cara ariba - os primeiros pertencian a Aceredo,
a continuación construironse os da aldea de Compostela, seguidamente
os de Ludeiros e, na parte mais alta, os de Manín. Os que forman
esta rota - dez - pertencen aos veciños de Ludeiros e Compostela.
Estes muíños
recuperados co esforzo dos veciños, deixaron hai anos de moer.
Moitos deles aínda se atopan en condicións de poder facer
fariña se alguén llo proferise, para outros, o tempo transcorrido
xa lles pasou factura. De calquer maneira, son un vivo exemplo
do que supuxeron para a subsistencia das xentes destes lugares. |
ALGUNS DETALLES
QUE NOS PODEN POÑER SOBRE O TERREO...
|
Xunto ao
primeiro muiño podemos observar uns campos á outra beira do
rio (ainda non hai moitos anos que se cultivaban, e víñase
dende as aldeas a traballalos). Se temos en conta que a aldea
mais próxima atópase a 3 km. e que os medios e os camiños
non son os mais idóneos, concluimos que traballar estas terras
resultaba un grande sacrificio. O mesmo ocorria á hora de ir
ao muíño; éstos, ao atoparse lonxe, facían da travesia
unha auténtica loita pola supervivencia. En ocasións, moitos
veciños non dispuñan de burros, mulas ou cabalos para transportar
o grán e a fariña, o que lles obrigaba a facer a travesia desde
as suas casas cos sacos (uns 50 kg) ás costas.
Estes muíños
tiñan uns camiños de acceso que cada un deles difere do veciño.
Acceder a alguns resultaba perigoso, outros tiñan mellor entrada
e polo tanto facilitaban o traballo.
Todos eles
están construidos con materiais propios da zona, sendo o granito
o grande aliado; mesmo podemos atopar ao longo do percorrido
algun exemplar con toda a sua estrutura (teito incluído) de
pedra. Tamén son todos eles de rodicio dadas as
características da zona.
A forza motriz
que impulsa a maquinaria necesaria para a moenda dálla a auga
cristalina deste rio virxe, onde en inverno o caudal é moi elevado
e resulta perigoso achegarse ás suas inmediacións.
As épocas
ideais para visitar e facer a rota son a primavera, o verán
e o outono, resultando pouco recomendable tentalo en época de
choiva, debido ás fortes correntes e ó resbaladizo do
terreiro. |
MUIÑOS
QUE COMPOÑEN A RUTA |
| MUIÑO
DO FLORES |
| MUIÑO
DO DOMINGO DO FLORES |
| MUIÑO
DO GAITEIRO |
| MUIÑO
DO CARIXA |
| MUIÑO
DO CE MARTINS |
| MUIÑO
NOVO |
| MUIÑO
DO MOSCAS |
| MUIÑO
DA ESTRELA |
| MUIÑO
DA MARANTEIRA |
| MUIÑO
DA FERREIRA |
| 
Un dos sinais que podemos
atopar ao longo do percorrido indicando o enderezo a tomar. |
| |
|
|
DESCRICIÓN
DO PERCORRIDO
Dende o primeiro muiño "do
Flores" iniciamos o camiño pola marxe dereita do rio, subindo
un pequeno muro que nos pon sobre un carreiro difícil de apreciar,
ou ben seguindo por "a levada da auga". A uns 200
m. atopámonos o muiño "do Domingos do Flores"
con tella como cuberta e erguido parte dél sobre o leito
do rio. O camiño continua subindo e a poucos metros vislúmbrase
o muiño "do Gaiteiro", construido nunha zona de difícil
acceso e aproveitando a marxe do rio.
Continúa a subida
e recorridos uns metros atopámonos un pequeno descampado
que nos permite ollar ao lonxe o viaduto, e enfrente a abundante
vexetación e o seguinte muíño "do Carixa". Este non
pasará desapercibido, pois o seu balde é distinto ó dos
outros, sobresai ó lado do muiño un torreón por donde
a auga chega ao "rodicio" e o canal que trai o fluxo
tamén resalta xunto a esta construcción. Aproveitámonos
do canal de traída para subir ao seguinte moíño do "Cé
Martíns" (un dos maiores e mellor conservados). A sua estrutura
de pedra cortada, con grandes lousas como tellado, é unha mostra
da sua beleza.
Continuando co percorrido
achegámonos ao muiño "Novo" situado nunha pequena
chaira. A continuación, o muiño do "Moscas" (ben conservado
e de boa planta). Mais adiante, o muiño da "Estrela"
tamén en toda a sua planta e cubrerta de pedra. Estes últimos
muiños atópanse nunha especie de recinto amurallado,
mais ben un muro de mampostería no que se delimita o terreno
que lles pertence. Logo os muíños da "Estrela, Maranteira
e Ferreira" coa vexetación envólvendoo todo. |
| |
|
Dende eiquí xa só nos queda
contemplar e observar o esplendor da natureza, non perder de vista o
curso do rio, que nos amosa a través das suas augas cristalinas alguns
pozos dignos para o baño e, como non, apreciar os lagartos, cobras de
auga e un sen fin de seres vivos que fan deste lugar o seu medio de
vida, coller o carreiro que novamente nos adentra nun monte espido de
árbores, antes de nos adentrar novamente nas touzas de carballos
que nos acolleran ata rematar na Escusalla o noso paseo o carón
do río Mao.

|