Sendeirismo / Ruta do Río Agro
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
Entrimo
 

Comenzo: Terrachán (Entrimo).

Remate: Igrexa de Santa María a Real (A Terrachán). (VISITA OBRIGADA).

Percorrido: Lineal nos 7 primeiros km. e circular no resto.

Distancia: 14 km.

Dificultade: Media-Alta.

Interés: Botánico, paisaxístico e etnográfico.

Forma de Chegar: Desde Entrimo pola estrada de unión con Illa, na primeira ponte que nos atopamos (a 2 Km. ) comezaríamos a rota.

 

PERCORRIDO

  • (Este tramo ten unha dificuldade alta) Inicio a 2 Km. da Terrachá (Entrimo), apañamos a estrada que conduce á aldea da Illa. Chegamos á ponte de Bautureira, é o ponto de partida. Seguiremos o curso do rio Agro contra corrente. neste tramos podemos desfrutar dos rápidos do rio e dos pozos que se forman no seu curso ademais, desfrutaremos das suas augas cristalinas (son moitas as visitantes desta zonas que utilizan este rio como lugar de baño), tamén podemos desfrutar dos moíños en estado de abandono e do frondoso bosque polo camiño que utilizan os pescadores até chegar á preciosa ponte de pedra (Ponte de Covas), por dito ponte discurre un camiño que conflui aqui co carreiro iniciado na Terrachá.
  • Temos unha segunda opción, de baixa dificuldade saindo da Terrachá pola aldea de Quintas, seguimos un camiño até chegar a unha ponte de pedra este camiño conduce-nos á ponte de Covas sobre o rio Agro e, unha vez cruzamos o rio chegamos a un carreiro que é o ponto de partida da rota. Desde a ponte de Covas seguimos polo márgen izquierdo, en sentido contrário á corrente do rio, neste tramo a dificuldade é meia até chegar ao Chao dá Pon-che . Cruzamos esta ponte e comezamos unha lixeira suba por un camiño lastrado até a aldea de Ferreiros de Abaixo, desde onde se desciende denuevo até o rio, cruzando-o pola ponte dó Folón.
      • Comezamos unha nova ascensión até a estrada, xiramos á esquerda e seguimos durante un quilómetro, abandonamos a estrada e cojemos un camiño que entre terras de labranza nos leva até Pereira.
      • En Pereira, cruza-se a aldea e toma-se un camiño á esquerda que baixa até a aldea de Bouzadrago, chamado "El balcón de Entrimo", desde onde podemos divisar unha fermosa panorámica. A partir de aí, baixa-se entre terras de labranza, campos e carvalleiras até chegar ao rio. Se atraviesa este polas "Poldras" (pedras colocadas para cuzar o rio, saltando dunha a outra).
      • Continua-se polo camiño até confluir co carreiro de ida, por onde se incia o retorno, non sen antes visitar a ponte Nova, sobre o rio Agro que, a pesar do seu abandono ainda conserva un perfeito arco de pedra.
      • O retorno fai-se voltando polo mesmo carreiro até a ponte e Covas, onde se pode seguir pola marxe do rio cara abaixo até o início na ponte de Bautureira, enderezo Terrachán.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com