![]() |
Parque
Nacional Peneda-Gerês |
|
| |
| DESCRIPCIÓN O PARQUE NACIONAL É UN PATRIMONIO DE TODOS, PERO, COMO REGION HUMANIZADA PERTENCE EN PRIMEIRO LUGAR AOS SEUS HABITANTES.
CANDO VISITE O PARQUE NON ESQUEZA QUE DEBE:
O Parque Nacional Peneda Gerês é a maior área natural protexida de Portugal. Situado na zona norte deste país, é raia natural con España na zona da Baixa Limia.
O Parque Nacional con algo mais de 71.000 há. é o único parque nacional portugués. Esta rexión de Portugal é única polo seu conxunto natural e cultural, é por iso que a declaración de Parque Nacional obedece ao conceito de respeitar e preservar o natural sen descuidar o usufruto que os habitantes desta rexión han desempeñado durante séculos, todo iso en armonía coa conservación do meio natural. Tendo en conta a elevada densidade poblacional de Portugal e o aproveitamento intensivo das áreas agrocultivabeis, é díficil pensar que se conseguise un espazo o suficientemente amplio no que todos os valores dignos de preservar convivesen coas zonas habitadas. O principal impulsor do Parque Nacional Peneda Gerês e primeiro director, o Enxeñeiro José Lagrifa Mendesconsiderou que as povoazóns existintes dentro do perímetro do parque acrecentaban os obxectivos clásicos de desenvolvimento socioeconómico da rexión.
Esta conceizón, permitiu un parque nacional peculiar, contribuindo por outro lado un notabel enriquecemento en relazón á simple preservación da natureza. A existéncia de mais dun centenar de aldeas de montaña isolados e con graves carencias, constituen un importe testemuño do pasado, apresentando-se por se mesmo como unha povoazón con forte conciencia comunitaria, onde se acumula unha milenária sabedoria rural co mantemento das tradicións, usos, costumes que son un patrimonio cultural valioso. |
||
| ©
www.baixalimiaxures.com |