logotipo

img_google
LOGO PARQUE NACIONAL
Parque Nacional Peneda-Gerês
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés

CASTELO DE LINDOSO

O Castelo de Lindoso (Portugal), esta relacionado coa defensa da Serra Amarela no val do Cabril (sinalar que estes montes son raia con España pola Madalena).

CASTELO DE LINDOSO

O Castelo de Lindoso fundouse a princípios do século XIII, hai referéncias ao mesmo en escritos do ano 1.258. Mandado restaurar por D. Dinis, é a partir do século XIV cando a sua história se funde para sempre coa acea dos "Arauxo" de Lobios (família mais influinte de toda a zona do Gerês-Xurés, durante vários séculos).

En 1.662 é ocupado polos Españois durante as guerras de Restauración, durante esta ocupación os Españois construen unha nova muralla de tipo Vauban, en forma de estrela pentagonal.

En 1.664 o Castelo de Lindoso é recuperado polos Portugueses. A fortaleza permaneceu ocupada por guarnicións militares ao longo do século XVIII, ata que no ano 1.895 deixou de ser un bastión militar para formar parte do patrimonio civil.

PARTES DO CASTELO

1- TORRE DE MENAGEN

É a mais alta e central torre dun castelo medieval, a torre de Menagen servia normalmente de residéncia ao alcalde ou como último reduto en caso de ser sitiados. No Castelo de Lindoso foi a torre de Menagen a primeira construcción en erexirse a princípios do século XIII.

Integrada e resaltada dentro do recinto castelar, a torre pola sua parte cumplirá as funcións de "atalaia", lugar privilexiado de ouservación e control do território, pola amplitude dos espazos divisados.

2- CISTERNA

Tanques xéneralmente subterraneos nos que se conservaban augas pluviais ou outros líquidos, as cisternas servian desde a antiguidade, para constituir as reservas necesárias de consumo de auga tanto nas cidades como nas abadías ou castelos.

No Castelo de Lindoso existe unha cistena subterránea de construcción medieval, planta en forma cuadrangular, adosada á muralla e cuberta de lousas.

3- BALCON DE "MATA-CAES"

Construcción feita sobre colunas, é un elemento de defensa vertical situado normalmente sobre as portas da fortaleza ou sobre os pasos menos defendidos.

Tiña como función o vaciamento vertical de chumbo derretido, aceite fervendo ou simplemente pedras, de forma que detivesen o ataque inimigo da fortaleza. Para iso furába-se o chan do balcón e a estes círculos denominabaselle "mata-caes".

4- PONTE LEVADIZA

Por se tratar dunha zona débil da muralla, a porta de acceso ao castelo requere sempre atencións e medidas especiales de defensa. As pontes levadizas ou pontes móbeis, foron durante a idade media a mellor solución atopada, pois este sistema de protección das portas consistia nun foso con un tablón basculante que ficaba ergido impedindo completamente o paso aos atacantes. A ponte móbel do Castelo de Lindoso pertence á categoria de pontes levadizas de flecha.

5- BALUARTE

O baluarte é un bastión ou torre saínte que cobre un ángulo da muralla. De trazado pentagonal, con tres ángulos saíntes e dous reentrantes, eran concebidos de acordo á poténcia de lume e calidade do armamento, de forma que se protexan todolos ángulos da muralla e non fiquen ángulos mortos ou menos defendidos. Esta conceizón de fortaleza abaluartada chegou de Italia, e no caso do Castelo de Lindoso foi tamén un Italiano, Marqués de Buscayolo ás ordes de España, quen deseñou un círculo xeométrico de sistema defensivo.

6- REVELIM

O Revelim é unha peza fundamental nos sistema defensivos inventados a partir do século XVII, é unha obra exterior que serve de defensa dunha sección da muralla entre dous baluartes. Pode ser utilizado para protexer unha ponte ou unha porta de acceso á fortaleza, como é o caso do Revelim que protexe o Castelo de Lindoso.

LUGAR DE VISITA OBRIGADA
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com