![]() |
Parque
Natural Baixa Limia-Serra do Xurés |
|
| |
| DESCRIPCIÓN O Parque Natural Baixa-Limia, Serra dó Xurés, está situado no Sur da Província de Ourense (Galicia), e estende a sua zona de actuación ás montañas do Concello de Entrimo, Lobios e Muiños.
O Parque Natural forma raia con Portugal e o Parque Nacional Peneda Gerês, podéndose considerar a ampliación deste, pero con interesantes zonas naturais que protexer, ademais de apresentar un semilitud potencial en flora e fauna. A declaración de Parque Natural tivo lugar por Decreto 29/1993, de 11 de febreiro. D.OU.G nº 35 de 22 de febreiro de 1993. Posteriormente aproba-se o Plano de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN) por Decreto 32/1993, de 11 de febreiro, D.OU.G nº 37 de 24 de febreiro de 1993. E por último publica-se o Plano Reitor de uso e Xestión (PRUG), por Decreto 155/1998, de 28 de maio, D.OU.G. nº 107, de 05 de xuño de 1998. No Parque Natural os cumes mais elevadas (Nevosa, Pico de Fontefría con 1.559 m. de altura) contrastan coa chaira do vale con 260 m. de altitud sobre o nível do mar. Todo iso conlleva grandes pendentes nas montañas, ademais de importantes regatos de auga cos seus "fervenzas". Colle destacar o Rio Limia escavado na fractura da Serra de Sta. Eufemia e a Serra do Quinxo. Outros rios que regan estas terras destacan o Salas e o Rio Caldo, este nace na Porte-a D'home e estende-se nun perfeito vale glaciar que limita a Serra do Quinxo con Portugal e a Montaña. A pluviometría abala entre os 1.000 e os 2.000 mm. anuais, con escasas precipitacións de neve a temperatura meia anual está entorno aos 9º C. con mínimas de - 3º C. Clima Mediterraneo subhúmedo centroeuropeo con certa tendéncia atlántica en zonas baixas. Escasas xeadas. |
|
| ©
www.baixalimiaxures.com |