Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

SALGUEIROS

PUEBLO DE SALGUEIROS

A denominación escollida para esta aldea polos primeiros viciños reflecte a pés xuntiñas á árbore do que toma o seu nome (Salgueiro)o cual ten como hábitat os lugares ricos en auga dando-lle tamén o seu nome ao rio que discurre por estes parajes e desemboca no Salas. Sábiamente, os povoadores deste lugar adoptaron a denominación que mellor lles podia descreber polas características do sítio.

Salgueiros pertence ao Concello de Muiños (Ourense). Para chegar até esta aldea debemos dirixir-nos á aldea de Pazo no mesmo Concello e continuar por un pista de terra até Salgueiros (o acceso só é posíbel con veículos todoterreno ou a pé, sendo ésta unha zona vixiada e protexida). Salgueiros está situado a uns 1.000 metros de altitud nun pequeno vale rodeado de fermosos cumes e, conservando unha estrutura oriunda -lonxe do formigón e do ladrillo- todas as suas vivendas se erguen coas pedras arrincadas a esas montañas que dan cobijo nos crus invernos que arrecian este lugar facendo desta aldea un lugar único na Baixa Limia. Os seus habitantes vivian da gadaria e, sobre todo, do contrabando (Salgueiros atopa-se perto de Pitoes de Xuñas (Portugal). Abandonado polos seus habitantes a meados do século XIX, foi adquirido por unha Asociación de cazadores que o utilizaron como couto privado de caza; unha vez que a caza decreció, o abandono se alcumeira de toda a aldea sendo pasto das lapas e ficando só en pé as paredes desas casas que un dia guarecieron ao agricultor, ao gadeiro e mesmo ao contrabandista.

Salgueiros foi adquirido pola Xunta de Galicia, e a responsabilidade na sua xestión corresponde ao Parque Natural Baixa Limia-Serra dó Xurés.

CAPELA DE SALGUEIROS

Como toda aldea que se precie, debe ter unha capela dedicada a un Santo (o que honrou a esta fermosa aldea non o coñezo). A capela de Salgueiros segue a simetria de outras moitas que povoan a Baixa Limia, apreciando-se en ésta unhas dimensions abondo superiores á habitual para unha aldea con pouca densidade de poboazón.

CAPILLA DE SALGUEIROS

VISTA DAS DUAS RUAS PRINCIPAIS DE SALGUEIROS

CALLE PRINCIPAL
CALLE SUPERIOR
Percorrendo as duas ruas de Salgueiros, observamos que as construccións ademais de utilizar a pedra e a madeira como elementos fundamentais en moitas de éstas esa pedra foi cortada en blocos, reflectindo a prosperidade de outros tempos.

A VIDA COMUNAL DE SALGUEIROS

Salgueiros debeu desenvolver unha enriquecedora vida social. O Moíño e o Forno Comunal -únicos en toda a aldea- fan-nos subpor que os viciños desenvolvian unha extraordinária actividade comunitaria na que a cordialidade e o traballo en conxunto, facian que os traballos resultasen mais llevadeiros. (Os moíños e os fornos foron utilizados como lugares de xuntanza, parolas e mesmo celebracións).
MUIÑO DE SALGUEIROS ¡HERMOSÍSIMO!
HORNO DE SALGUEIROS

É de subpor que o Parque Natural adoptará medidas para reconstruir esas vivendas que foron pasto das lapas. Salgueiros deberia formar parte activa na formación dos nosos fillos, achegando-os á natureza desde lugares como éste, utilizando Salgueiros como campamento de verán ou para calquera actividade que contribua ao estudo e defensa do meio natural.

O Parque Natural xa dispón na actualidade de instalacións para a recuperación, cria e introducción de espécies que sofreron un grave deterioro nos últimos decenios.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com