logotipo

img_google
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

PROHIBICIÓNS

  • A introducción de espécies animais e vexetais e en especial as exóticas susceptíbeis de asilvestrarse, salvo nos casos expresos en que a autoridade competinte o decida.
  • Vertidos de contaminantes nas augas da zona, asi como minicentrais hidroeléctricas sexa cual sexa a poténcia instalada.
  • Os vertidos de lixos, escombros e resíduos sólidos en xeral fora das zonas sinaladas.
  • O uso do lume sen control ou autorización prévia, fora dos lugares sinalados.
  • A circulación de veículos motorizados fose das estradas, pistas ou roteiros permitidos, excepto cando corresponda ás actividades agropecuarias ou usos autorizados.
  • A acampada non controlada.
  • As actividades económicas extractivas que entren en conflito coa finalidade de creación do parque e de modo especial, canteiras, graveiras, areeiras e minería, tanto subterránea como a ceo aberto.
  • Os aproveitamentos forestais ou tala de árbores indiscriminados ou que non estexan contemplados nos proyectos de ordenación ou, no seu defeito, nos planos técnicos correspondientes ou con autorización expresa do servizo competinte, salvo que resulten necesários para o mantemento do equilibrio do sistema vexetativo, por motivos fitosanitarios, para a realización da infraestrutura de defensa contra incéndios forestais realizados de acordo co programa de medidas prevenitivas que, ao respecto, elabore a Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes, ou se realicen en terrenos tutelados pola Administración forestal.
  • As actividades cinegéticas ou de pesca en augas continentais fose das zonas, épocas, cupos ou espécies, permitidas.
  • As actividades de carácter comercial, carteis, anuncios e similares.
  • Toda aquela actividade urbanística que non siga as directrices que se expresan no Plano de Ordenación dos Recursos Naturais.
  • Instalacións de elementos artificiais de carácter permanente que limiten o campo visual, rompan a armonía da paisaxe ou desfiguren as perspectivas.
  • O estabelecemento de calquera posto de venda, a venda ambulante e toda actividade comercial que non estexa nun centro pechado ou núcleo urbano, excepto as autorizadas pola Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes.
  • A recopilación de material biológico, xeolóxico, arqueológico ou histórico salvo naqueles casos en que por razóns de investigación ou deducitivas, permita-se a mesma prévia autorización.
  • O aterrizaje e voo a baixa altura salvo en caso de emerxéncia e naqueles casos autorizados pola Consellería de Agricultura, Ganaderia e Montes.
  • A prática de tiro ao prato, ou uso de escopetas de aire premido e todo tipo de armas.
  • Tirar rabiñas, latexes, botellas, plásticos ou calquera obxecto, asi como o abandono de artefactos no recinto do parque.
  • O emprego de megánofonos ou calquera aparello ou instrumento a un volume tal que perturbe a tranquilidade do parque.
  • A realización de actividades profisionais comerciais de cinematografía e vídeo sen a autorización expresa da Consellería de Agricultura, Gadaria e Montes.
  • Calquera actividade destinada ao aproveitamento de recursos naturais que se consideren incompatíbeis coa finalidade que xustifica a criación do parque natural.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com