![]() |
Parque
Natural Baixa Limia-Serra do Xurés |
|
| |
| A POBOACIÓN HOXE A actuaI poboación de dereito dos tres concellos que integran o PARQUE NATURAL suma un total de 7.262 hbs., que se reparten entre Entrimo (1.660 hbs.), Lobios (3.266 hbs.) e Muíños (2.336 hbs.). Trátase dunha poboación regresiva, na que predominan os maiores de 60 anos sobre os menores de 20 anos, que decrecen progresivamente en número e representación porcentual. Pero a poboación non se distribúe uniformemente por tódala zona. Pobos, aldeas e lugares, concéntranse polo baixo val do Limia e dos seus principais afluentes, como o Salas, Grou, Lobios, Caldo, Illa e Castro Laboreiro, como corresponde a un patrón de poboamento con economía agropecuaria. Deste xeito, sobre as áreas máis propicias para a agricultura (as terras pardas), principalmente no exterior e no límite do PARQUE NATURAL, se localizan os núcleos de poboación máis importantes, como Mugueimes, Porto Quintela, Santa Comba, Grou, A Terrachá, Riocaldo, Lobios, Requiás, Guntumil, etc. En contraste existen auténticos desertos dentro da comarca, sobre todo nas zonas superiores das serras (Quinxo, Leboreiro, Santa Eufemia ou Xurés), agás aldeas gandeiras dispersas e con poucos veciños como Albite, A Cela, Queguas, ou Bouzadrago. As actividades agrogandeiras representan a ocupación máis numerosa, organizadas en explotacións maioritariamente familiares que significan máis da metade dos postos de traballo. O sector servicios, sobre todo hostelería, comercio e transportes, ocupa o segundo lugar na economía da zona, se ben con gran diferencia con respecto á agricultura. |
|
| ©
www.baixalimiaxures.com |