![]() |
Parque
Natural Baixa Limia-Serra do Xurés |
|
| |
| |
PAISAXE Un dos grandes atractivos do PARQUE NATURAL, e a súa variedade e intensidade paisaxística. Unha paisaxe natural nos cumios das serras, nas que o home, ante as inmensas moles graníticas, apenas foi capaz de deixar a súa pegada, tan só rabuñando a superficie dun macizo cortado durante milleiros de anos polo río Limia e os seus afluentes. Calquera cumio ou elevación permite o encontro con numerosas variacións paisaxísticas que derivan no abrupto modelado da zona, onde altitudes superiores os 1.500 m. se despeñan sobre o leito do Limia, que nalgúns tramos discorre por baixo dos 300 m. de altitude. Ó Norte, as estribacións da Serra de Leboreiro, aplanadas e de orografía suave na Serra de Queguas, estrélanse subitamente contra a áspera Serra do Quinxo, como se mantuvesen unha constante discusión xeolóxica no lugar de A Ameixoeira, aínda a sabiendas de que ningunha das dúas gañará nunca. No Sur, na Portela de Pitoes, adivíñase unha batalla semellante, tamén calada, entre os xoves e altivos Picos de Fontefría, na Serra do Xurés, e a apacible e vella Serra do Pisco. A Serra do Xurés e a de Santa Eufemia, se ben agrestes, parecen manter unha tregua, seguras dos seus poderes, para abrir o paso entre elas no lugar de Portela de Home, para deixar entrar todo aquelo que quera vir dende o Sur. Despois da pedra, a auga nos seus dous estados: A salvaxe, na forma de numerosas torrenteiras orixinadas polo desxeo das neves invernais e das chuvias, cauces que se despeñan polas gretas das ladeiras das serras ruxindo, quizais polo arrebato das alturas, entre nubes de po de escuma. Despois, a auga domada, inevitablemente morna e calada nos tres encoros de Salas, As Conchas e Lindoso tras perde-la liberdade que só volverán a gañar cando fagan xirar as turbinas das centrais hidroeléctricas. Pero eses mesmos encoros proporcionan o marco adecuado para a práctica de actividades naúticas, combinando o lecer co deporte. |
|||||||||||||||||||||
| ©
www.baixalimiaxures.com |