Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

O HOME E O MEDIO

A actitude do home co medio que lle rodea está convertindo o planeta nun espacio domesticado a pasos axigantados. Pero a nosa relación coa Natureza, que nos permite algo tan importante como a vida, non foi sempre como hoxe a conocemos. A crecente aglomeración da poboación en cidades construídas para os automóbiles e para a producción, en auténticos formigueiros desprovistos de personalidade, ou a creación de novas necesidades, deriva nunha sobreexplotación dos recursos.


En ocasións, quizais demasiadas, tomamos do medio natural máis do que precisamos para a nosa supervivencia, rompendo un equilibrio que está por riba de nós e sen ter en conta que somos unha máis das especies que habita a Terra. A paisaxe que creamos é moi diferente da paisaxe natural. Domesticamos a natureza, case sempre baixo uns criterios económicos de beneficio inmediato que uniformiza e degrada o medio onde vivimos.

Pero tamén o Home, o único ser racional coñecido, é quen de restituír o que toma do medio natural, porque cada vez máis, é consciente do que necesita. Porque non podemos prescindir daquelas cousas que aínda gardamos en común co resto dos compañeiros de viaxe da Terra.

Así, dentro da demanda de volta a Natureza, a creación dun espacio protexido na Baixa Limia, un PARQUE NATURAL, é unha resposta á reacción do home ante a destrucción progresiva dun medio natural vital para a supervivencia.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com