logotipo

img_google
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

XEOLOXÍA E SOLOS

A superficie que ocupa o PARQUE NATURAL aséntase fundamentalmente sobre granito, nas súas distintas variedades e sobre os que, en determinadas zonas, superpóñense rochas sedimentarias xistosas posteriormente metamorfizadas. En consecuencia, o subsolo consta de tres series xeolóxicas, aínda que cunha representación e distribución moi desigual. O sustrato rochoso granítico, que ocupa case a totalidade do parque son as migmatitas nebulíticas (ou serie granitoide) localizadas puntualmente no Noroeste e Leste e as granodioritas biotíticas da Serra do Xurés, o aluvial areoso de Aceredo-Reloeira-O Bao, hoxe baixo as augas do encoro de Lindoso, así como tamén o cono de dexección de Buscalque.

Os solos, ou clases edafolóxicas, condicionados sobre todo pola xeoloxía, a acumulación sucesiva dun ou máis sedimentos e a climatoloxía, entre outros factores relacionados entre si, representan un gran interese dende o punto de vista da flora e dos cultivos, xa que da formación de cada un deles, da maior ou menor influencia hídrica, ou das pendentes do terreo, depende o uso que se lles poida dar. Uns son aptos para acoller e sustentar diversos cultivos, como e o caso da Terra Parda, outros son idóneos para a formación de pradeiras naturais, que se extenden sobre os solos de Anmoor ácido ou sobre os gleyficados e, finalmente, algúns ofrecen características moi pobres para a explotación agrícola e gandeira ou, mesmo totalmente improductivos, como ocorre cos Ránker, Protorránker, Rochedo de Silicatos ou Litosol. No PARQUE NATURAL localízanse, a grandes rasgos, tres grandes tipos de solos. O Protorránker, de calidade productiva moi pobre, inclúe afloramentos rochocos próximos ó 50%, cunha orografía moi abrupta. Se distribúen por tódala Serra do Xurés, Santa Eufemia e Quinxo. O Ránker Gris Distrófico, un solo pobre cun único horizonte húmico sobre o que predomina unha vexetación de "uces", "carpazas", "queirogas", "breixos" e "torgas". Fórmanse preferentemente sobre paisaxes de cumios e ladeiras e, no PARQUE NATURAL, exténdense sobre as altitudes intermedias das serras (1.000/500 m.). A Terra Parda Mesotrófica é un solo fértil, cuns horizontes potentes caracterizados por unha drenaxe idónea para os cultivos. Localízanse nas desembocaduras dos afluentes do Limia, onde se abren os vales e as pendentes topográficas son suaves. Predominan sobre todo nas veigas abertas, na hoxe desaparecida de Aceredo-Buscalque, na do Val de Riocaldo e na de Requiás-Guntumil-Maus de Salas.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com