logotipo

img_google
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

FLORA

A comarca de A Baixa Limia e o PARQUE NATURAL, se sitúan nunha zona de transición entre dúas grandes rexións florais europeas: a Eurosiberiana (provincia atlántica) e a Mediterránea (provincia carpetano-leonesa). Por este motivo, a vexetación alterna bosques de árbores caducifolias, característicos de condicións climáticas húmidas, cos de folla perenne como son a sobreira (Quercus suber) ou o érbedo (Arbutus unedo) máis adaptados á falla de auga durante determinados períodos do ano. Pero tamén o PARQUE NATURAL caracterízase pola súa orografía abrupta, con fortes contrastes altitudinais que oscilan entre as cotas próximas ós 260 m. e as superiores ós 1.500 m., diversidade que introduce e matiza tamén diferencias entre a vexetación. Polas áreas de montaña das serras de O Quinxo, Santa Eufemia ou Xurés exténdense poboacións de reboleiras ou cerquiños (Quercus pyrenaica) que nas zonas máis altas acompáñanse do piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) e do teixo (Taxus baccata). Nos cumios das serras predomina a vexetación de monte baixo e só ailladamente atopamos reboleiras, acivros (Ilex aquifolium) e cancereixos (Sorbus aucuparia). O bosque das zonas baixas do val do Limia está formado principalmente por poboacións de carballos (Quercus robur), xunto co castiñeiro (Castanea sativa), a sobreira e o piñeiro común (Pinus pinaster), se ben non faltan o loureiro (Laurus nobilis), o érbedo e o sanguiño (Frangula alnus). A traveso dos cen ríos e regatos que percorren as serras cara a fondal do val do Limia atopamos como bosque de galería os bidueiros (Betula celtiberica), os freixos (Fraxinus angustifolius), os amieiros (Alnus glutinosa), os chopos (Populus trémula), as aveleiras (Corylus avellana) e varias especies de salgueiros (Salix sp.)

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com