![]() |
Parque
Natural Baixa Limia-Serra do Xurés |
|
| |
| |
FAUNA As contrastes paisaxísticas do PARQUE NATURAL, coa súa diversidade orográfica e a variada vexetación, permitiu a aclimatación e proporcionou refuxio a fauna variada. Sen embargo, a acción incontrolada do Home provocou a extinción de especies como o oso (Ursus arctos) e a cabra do Xurés ou cabra brava (Capra pyrenaica lusitanica) da que a derradeira constancia histórica data de 1.892. Xa escomenzou a súa reintroducción nas serras do Xurés tendo en conta que os escarpes existentes proporcionan unhas condicións óptimas para a súa cría en liberdade. Hoxe en día, entre os grandes mamíferos representativos da zona que forma parte do PARQUE NATURAL e do que xa existe un programa de recuperación en marcha, é o cabalo (Equus cavallus) chamado Poni galego ou Garrano, que vive en réxime de semiliberdade nas chairas altas das serras (Leboreiro, O Quinxo, Santa Eufemia, Xurés ou Pisco) aclimatados ás condicións máis duras, e parentes do Asturcón astur, o Pottok vasco, o Garrón escocés, o Connemara irlandés ou o Gotland sueco. Outro dos mamíferos característicos é o corzo (Capreolus capreolus), unha especie ameazada pola caza incontrolada e que atopa no PARQUE NATURAL o escenario ideal para a súa reproducción, exemplares de lobo (Canis lupus), así como raposo (Vulpes vulpes), xabarín (Sus scropha), ou teixugo (Meles meles), e lontra (Lutra lutra) nas augas máis frías e cristalinas. A poboación de aves tamén é variada con presencia de aguia real (Aquila chrysaetos) que aniña no veciño Parque da Peneda-Gerês, aguia albela (Circaetus gallicus), rapina perdiceira (Hieraaetus fasciatus), a aguia cincenta (Circus pygargus), así como a bubela (Upupa epops), ou a anduriña brava (Riparia riparia), entre moitas outras. Tamén os reptís e anfibios están amplamente representados no PARQUE NATURAL, a grandes rasgos, os mesmos que podemos atopar noutras zonas de Galicia e no norte de Portugal como, entre outros, a cobra de auga (Natrix natrix), a vibora fociñenta (Vipera latasti), o lagarto verdinegro (Lacerta schreiberi), a lagartixa de bocaxe (Podarcis bocagei), o sapo común (Bufo bufo) ou o sapo parteiro (Alytes obstetricans). |
|||||||||||||||||||||
| ©
www.baixalimiaxures.com |