| Descobre
a Orixe da palabra "Galicia" |
|||||||||
|
|
|||||||||
Estás a visitar as terras que deron orixe ao nome de "GALICIA". No século II a.C. a se denominaba Calecia ao território que ocupaba a tribu dos Callaicos, cuxo território estendíase polos cumios do Xurés. Esta tribu xunto con outras que habitaban a zona pertenecian ao convento brácaro. Segundo as teorias de Plinio, que ubicaba nestas terras a tribo dos Gallaicos, reafírmase cando di que enriba de Braga atópase Gallaecia. Esta teoria reafírmase novamente entre outros por Cuevillas, Miller, Murgia e Argote que cadran en dicer que a tribu dos Gallaicos atópase nas Serras do Xurés, Santa Eufemia e O Quinxo. Os Calecos demostraron unha grande valentía contra os romanos, e deles, tomou o seu apelido o xeral que os venceu, Décimo Juno Bruto o "Calaico" que bautizou todas as terras conquistadas desta rexión co nome de Galicia. Información cedida por: D. José Lamela Bautista. Autor do libro: "El Xurés e os seus Misterios". Xa podes ampliar esta información adquirindo o libro "El Xurés e os seus Misterios" con esta obra coñecerás un pouco mellor a História destas terras. |
|
© www.baixalimiaxures.com |