| Novas
- Noticias - 2005 |
| COMEZA O ENTROIDO |
30-01-05 |
Asoma Don Carnal as súas fazulas sonrosadas pola provincia en busca do arrecendo da gastronomía. Pero antes, toca correr o Entroido. Misión fundamental que se encargan de anunciar cigarróns, pantallas e charangas. En Xinzo, as charangas entonan o “Carnaval, Carnaval" a son de samba e as primeiras pantallas bruan, hoxe, polas rúas escoltando ó meco que sairá en desfile pola vila ás 19.00 horas. As chocas e o látigo silban en Verín para despertar ós compadres da resaca do xoves. Sacos de fariña e a música da orquesta Capitol esperan para comenzar a tarde. E os troteiros de Bande pasean dende Vilameá a Martiñán. Mentres en Seivalbo e As Eiroás as primeiras olas caen o chan dentro da celebración do Domingo Oleiro, a partir das 15.00 horas. Bo menú A espera do gran día, sinalado para o vindeiro fin de semana, Don Carnal relámese ó oír o menú: pan, viño e cachucha en Carballiño; chourizos en Ribadavia; cabrito en Vilariño de Conso: e suma e sigue porque os excesos carnais non paran. A fes ta do botelo en O Barco deu o pistoletazo de saída onte á bacanal da carne. En Muiños, adiántanse o día acordado e o sábado, día 5, sirven cachucha e chourizos sabiamente regados con viño e queimada. Pero os grandes ágapes quedan reservados para o Domingo de Entroido. En Laza, os peliqueiros estréanse coa bica xa no estómago. Ó tempo que comenzan as Xornadas gastronómicas do Entroido en O Barco, en Vilariño de Conso festexan a décimo sexta festa do cabrito. A androlla é cousa de Viana do Bolo. Non hai folión que se precie sen previa degustación carnal para coller forzas. Ribadavia reserva para o Martes de Entrodio unha abundante selección de choruzos para paladares dispostos, e Castro Caldelas deixa espacio para a carne de vitela. |
|