Novas - Noticias - 2005

Galicia e Portugal apoian na Unesco a proposta de patrimonio universal
Manuel Fraga participou en Porto, xunto co ministro luso Arnaut, no acto de presentación
A tradición galaico-lusa aspira a obter unha denominación que garantiría a súa pervivencia

05-02-05

j. l. | vigo)
«Os galegos, ao igual que os nosos irmáns do Norte de Portugal, estamos plenamente convencidos de que a tradición oral galaico-portuguesa é unha mostra clara do Patrimonio Inmaterial da Humanidade», dixo onte o presidente da Xunta durante a presentación en Porto da candidatura para a declaración da Tradición Oral Galaico-Portuguesa como Patrimonio Oral e Inmaterial da Unesco. No acto tamén participaron o ministro das Cidades de Portugal, José Luis Arnaut; o presidente da Comisião de Coordinação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal e presidente da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, João Sá; o presidente do Eixo Atlántico e presidente da Cámara Municipal de Porto, Rui Rio; o presidente da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas, Santiago Veloso; e o secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Jesús María Gamallo Aller.

Na súa intervención, Manuel Fraga manifestou que con esta candidatura (que foi presentada na sede parisina da Unesco o pasado 18 de outubro) aspírase a rescatar e manter viva a memoria de antano e, ao mesmo tempo, a divulgar actividades, crenzas, valores e formas estéticas que, procedendo de tempos anteriores, aínda están vixentes no momento actual.

«Temos un legado histórico común que pervive a ambos lados da fronteira, con numerosas manifestacións cotiás que reforzan a idea dunha conciencia cultural común entre Galicia e o Norte de Portugal», asegurou o máximo mandatario autonómico.

A iniciativa, primeira que presentan conxuntamente na Unesco dous países europeos, partiu da Asociación Ponte nas Ondas, unha experiencia de radio interescolar nacida en Salvaterra de Miño hai dez anos e que agora está estendida ata o Norte de Portugal.

O ministro das Cidades, José Luis Arnaut, amosou o seu pleno apoio a esta candidatura salientando que garante que este patrimonio será convenientemente protexido e preservado. Ao mesmo tempo considerou que esta iniciativa será beneficiosa para o turismo de ambas as dúas rexións.


Luchar contra el tráfico ilegal de bienes culturales

(efe | parís)
La Unesco lanzará el «certificado de exportación de bienes culturales», un nuevo instrumento para luchar contra el tráfico ilegal, en la reunión la próxima semana en París del Comité Intergubernamental para la promoción del retorno de los bienes culturales a sus países de origen, según informó ayer el organismo.

El certificado, elaborado en colaboración con la Organización Mundial de aduanas, será presentado en la 13 reunión bianual del comité, del 7 al 10 de febrero. Se trata de un modelo «a la vez riguroso y práctico» destinado a facilitar la labor de los agentes de aduanas en todo el mundo, con el objetivo de reforzar la lucha contra el tráfico ilegal de los bienes culturales.

Además, se examinarán varios litigios sobre la posesión de bienes culturales, explicó la Unesco en un comunicado. Así, el comité estudiará la marcha de las negociaciones para solucionar la disputa entre el Reino Unido y Grecia sobre la posesión de los mármoles del Partenón, expuestos actualmente en el Museo Británico y cuya restitución reclaman las autoridades helenas. Además de los mármoles del Partenón, los expertos también abordarán la devolución a Turquía de la esfinge de Boguskoy, que actualmente se encuentra en Alemania.