Novas - Noticias - 2001
Actuacións na Vía Romana de Lobios, en Bande e en Castromao
02-07-01

O proxecto do Parque Arqueolóxico de San Cibrán de Lás -que recoñece a súa condición de xacemento arqueolóxico único en Galicia- forma parte dun ambicioso programa de actuacións sobre o patrimonio arqueolóxico que está a poñer en marcha a Xunta.

Este plan pretende articular unha rede galega de parques arqueolóxicos.

Cun investimento global de 3.000 millóns de pesetas inclúe, ademáis de A Cidade, a creación do Parque Arqueolóxico do Megalitismo na Costa da Morte, o Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campolameiro) e o Arqueolóxico do Mundo Romano (Lugo).

Dentro da provincia Cultura vai acometer o remate da Ruta Arqueolóxica da Vía Romana XVIII en Lobios, os centros de interpretación de Aquis Querquennis, en Bande, e o centro de acollida de Castromao (Celanova).