| Museo
Numismático de Lobios |
|||||||||
| |
|
O Museo Numismático de Lobios foi creado con fondos cedidos por Jaime Paz Bernardo (coleccionista e viciño de compostela "parroquia de Manin"). Para visitar o Museo Numismático e a exposición de cuadros hai que dirixir-se ao Concello de Lobios (Estrada de Portugal, s/n) Fondevila. Nas dependéncias municipais hai unha sala habilitada para esta colección "como se pode observar na fotografía". O museo permañece aberto todolos días laborábeis en horário de Mañá. Os interesados tamén poden informar-se no teléfono do Concello: 988 448 000. Ocasionalmente compaxina-se a mostra permanente con exposións monográficas, conferéncias e actividades numismáticas de todo tipo.
Jaime Paz comezou a perfilar a idea no verán de 1993, a raiz dunha exposición temática de moedas de Galicia que realizou neste mesmo local. A corporación presidida por Antonio Ferreira López, semellou-lle excelente a idea de crear un Museo permanente en Lobios e xuntos comezaron a traballar para contar con ese Museo Numismático. A testemuña foi collida pola Corporación presidida por Benito Vázquez Vazquez culminando con éxito a tarefa comezada anos atras.
O Museo é un lugar de grande afluencia de público, son moitos os visitantes que durante todo o ano visitan este salón de Cultura do Concello de Lobios, pero nos meses de Verán é en datas sinaladas disparan-se as visitas.
Fonte: Cronica Numismática (Alguns dos comentários quitaron-se desta revista especializada). |
||||||||||||