![]() |
Muiños |
||||||||||||||
| |
|||||||||||||||
| DESCRIPCIÓN O Concello de Muiños está situado ao sur da província de Ourense, na Bisbarra Natural da Baixa Limia (Galicia); importante é o feito de que boa parte do seu territorio forma parte do Parque Natural Baixa-Limia, Serra dó Xurés.
Limita: ao norte co Concello de Bande, ao este co de Porqueira, Calvos de Randín e Portugal, ao sur con Portugal e Lobios, e polo oeste con Lobios e Lobeira. Ten unha extensión de 109,7 Km2 e o redor de 2.100 habitantes. Regado polos rios Limia e Salgas principalmente (como consecuencia de iso se converteu a Muiños nun Concello asulagado por encoros, destacando o de As Conchas e o de Salas); tamén é destacable a presencia do rio da ponte Nova, o regato Salgueiro e o regato da Aporte. A sua orografia é abrupta e contrastan os vales que abalan en torno aos 260 metros, ás zonas de alta montaña que superan os 1.500 metros. Muiños atópase a uns 52 Kms. de Ourense capital e a sua principal via de comunicación pasa pola N-540 ata Bande, se ben unha vez aqui quedanos uns 12 kms de estrada provincial que conduce a Mugueimes. Outra posibilidade pasa pola Autovia das Rias Baixas e a sua variante de Xinzo de Limia por Vilar de Santos. Muiños tamén é raia con Portugal e, portanto, o paso mais cercano co pais veciño é o de Touren. A sua economia fundamentase sobre toda na agricultura e a gandaria. As suas produccións mais notabeis son: millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gandaria está formada sobre todo por gando vacuno e lanar. Reseñable é o feito de que se conserven ainda nas aldeas de alta montaña os costumes de antaño, é o caso de Guntemil e Requiás onde funcionan as comunidades agrarias (iso conleva que cada viciño teña asignada unha tarefa, ben acompañar ao gando, tecer, facer unha fornada de pan, etc). Xa nos últimos anos estanse a asentar no município unha série de servicios que ofrecen ao visitante a calidade tradicional sen descuidar o último detalle, e con iso asentando á poboazón que durante décadas buscou o seu medio de vida na emigración.
|
|
| ©
www.baixalimiaxures.com |