ESCUDO MUIÑOS
Muiños
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
HISTORIA

Muiños conta con feitos relevantes tanta na sua história como no referinte aos seus monumentos, xa desde tempos do Calcolítico e o Bronce incial. A constancia do paso do home ficou patente sobre todo nos vales do Salas e nos aledaños do encoro de As Conchas; como mostra deles pódese apreciar un dos xacementos Megalíticos mais importante en todo o Val de Salas, nos chans da Clamadoira e do monte de Porqueirós. Contabilízanse o redor de 60 mámoas, polo que este Concello é considerado como un dos mais importantes encanto a enterramentos do sur de Galicia.

É Muiños terra de camiños, destacando o "Camino das Feiras de Porqueirós e Couso de Salas". Este camiño ainda permanece na memoria dos habitantes da Baixa Limia, sendo fundamental en décadas pasadas para o bo funcionamento das importantes feiras de Porqueirós e Couso de Salas. Este camiño -que parte da aldea de Ganceiros (Lobios)- discurre acompañando ao rio Salgas, cruzando as chairas da divisoria de Salas/Limia. No seu percorrido son numerosas as mamoas que podemos divisar, chegando a contabilizarse un total de 29 monumentos desde a sua desembocadura até o seu início na Limia Alta.

Outro dos camiños importantes neste município é o de "Couso de Salas a Ponte Linares"; no trazado do mesmo podémonos atopar tamén un importante número de mamoas, coa sempre presencia do rio Limia.

Os "caminos de fondo do val" seguen as rotas de divisorias de augas.

E o "Camino do rio Salas", que discurre próximo ao regato de Porqueirós, a través de Xermeade e polo Monte de Bicos; unha das características do mesmo é que o seu percorrido vese alterada pola liña divisoria con Portugal.

Estes son alguns dos moitos camiños que se trazaron nestas terras ao longo dos tempos.

 
Fonte: A Baixa Limia Galega na Prehistoria Recente (José Mª Eguileta Franco)

Durante a Idade de Ferro, destacar a importancia castrexa, quedando constancia dela con importantes mostras. Destacan os Castros Celtas de Parada de Ventosa, Bicos, Outeiro de Cela, San Pedro, Castelo de Taboadela, Xermeade, Guntemil e o Pisco.

Coa chegada dos romanos algúns destes castros foron romanizados, converténdose en fortalezas. O Imperio Romano deixou importantes vestíxios ao longo destas terras, como acontece co trazado da Via Nova (Via XVIII do roteiro de Antonino) de Braga a Astorga, que surcaba terras da parroquia de Parada de Ventosa e da que saía un enlace que comunicaba co Val de Salas, pasando por Prado e Xermeade. Tamén de tempos romanos é o Pazo de Barxés, enfrente do campamento romano de "Aquis Querquennis", co cual se comunicaba a través da desaparecida Ponte Pedrina (declarada monumento nacional en 1.944) baixo as augas do encoro de As Conchas.

Sobre o território de Muiños tambien influiu o privilexiado território independente denominado "O Couto Mixto" (Calvos de Randín); este território tiña unha grande incidéncia na vida económica e social das parroquias colindantes. Co nacimento do país viciño de Portugal e as liortas polas terras da denominada "Raia Seca", construíronse varias torres de defensa destacando as de Parada Ventosa (Atalaya), Xermeade e Requiás.

Por estas terras tamén discurre o camiño real entre Requiás e Pitoes de Gunias (Portugal).

No referinte a história mais recente, o Concello de Muiños non se diferencia de calquera outro Concello da Baixa Limia. Foron moitos os que durante a guerra civil se valeron das montañas do Xurés para se refuxiar da intransixencia imperante durante catro décadas.

Destacable, e a sua vez histórica, é a feito de que nesta poboazón se construisen dous encoros durante a dictadura que, ademais de arrebatar as terras aos seus lexítimos proprietarios, conseguiu con iso dividir a bisbarra en dous e minguar as relacións dos viciños mais próximos. Coa chegada da emigración, Muiños sofreu a mesma sangria que os seus viciños e este Concello non quedou indemne perdendo dunha forma considerable a sua poboación.

 
Fonte: Axuntamentos de Galicia
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com