Muiños
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Os muíños forman parte de paisaxe de Galicia. Son moitos os ríos que se atopan povoados por un dos elementos mais importantes da economía local ao longo dos tempos. Ademais, os muíños eran lugares onde os veciños aproveitaban a espera no moer do grán, para cantar, baillar ou contar contos e lendas que forman parte da cultura popular.

MOLINO

A Baixa Límia Xurés é unha zona con un enorme número de muíños; moitos de éstos hoxe en día non se atopan en estado de uso, outros están nunha fase case de abandono (mesmo alguns estanse a botar a perder), pero ainda atopamos muíños que non teriámos nengun inconviente para os pór a moer.

Desde esta páxina queremos dar a coñecer esta significativa construcción, incluindo ademais vários tipos de muíños construídos na nosa terra. A pretensión é facer chegar ese sentimento envolvinte e embriagador que moitos sentimos cada vez que nos achegamos ao río para lembrar, contemplar e falar co muíño que nos viu medrar, todo iso acompañado pola melodia do discurrir do río, o que fai indiscriptibeis estes lugares.
FERVENZA

Os muíños son construccións de pedra situados ao lado dun río. O grán é moído por un mecanismo de rotación que se move coa forza da auga (para que a auga atinxa maior velocidade aproveitanse os desniveis dos terrenos).

A sua construcción tiña unha finalidade produtiva, carecendo de toda pretensión estética, aínda que sen o querer desenvolveu-se ao seu o redor toda unha cultura e folclore. Nos muíños citaban-se os noivos, os rapaces esperaban ás rapazas para lles declarar o seu amor, e tamén se facian festas. Asimismo, nos muíños naceron moitas cancións populares que hoxe por hoxe seguen presentes no noso folclore; como exemplo das mais coñecidas está:

Fun ou muiño con Paulo

María fun ou muiño

Veño de moer

Moreniña

Deus cho pague churrusqueira

RECOMENDAMOS FACER AS ROTAS DOS MUÍÑOS (LOBIOS)

 

Tipos de Muíños: de Ceña ou Caldeira, de Canle, de Tinalla e de Balde.

Descrición:

MUÍÑOS DE CEA OU CALDEIRA:

Receben este nome por funcionar a sua roda dentro dun espécie de caldeira. Este muíño precisa moita auga para poder moer xa que as suas "moas" son moi anchas. Estes muíños diferencianse dos demáis polo "Rodicio", "Inferno" ou "Caldeira". O fecho destes muiños atópase fora da construcción polo xeral, e consta de duas táboas encaixadas nun raíl da reixa; estas táboas soben-se e baixan dependendo da auga que se precisen para moer.

MUÍÑOS DE CANLE:

Estes muíños poden estar situados ao lado do río ou dun regato. Non precisan tanta cantidade de auga para poder moer, como ocorre co caso anterior. A auga leva-se até o muiño, concretamente até o "rodicio", a través dunha "levada". O canal comeza onde se atopa a reixa (serve para limpar a auga de follas, paus, etc.), estando feito con pedras ou táboas. O canal debe apresentar unha certa inclinación para permitir que a auga chegue con certa velocidade e dar lugar ao movimento do mecanismo de rotación.

CANAL DE AGUA

Este muíño apresenta unha pecularidade: o seu fecho é diferente ao de outros muíños. Este consiste nunha táboa que está suxeita ao canal e colocada perpendicularmente en relación a aquela, que se pode accionar desde o interior do muíño impedindo que a auga pase até o "rodicio".

MUÍÑOS DE BALDE (é o muíño mais frecuente na Baixa Limia):

MOLINO DE CUBO

Leva este nome por ter un recipente para almacear a auga que sai por un canal de reducidas dimensions, chamado "bofetón", que ten forma cónica cuadrangular con saída ao lado do "rodicio". Leva unha "fichueira" que permite controlar a saída de auga. O balde está feito normalmente de pedra, estando perto do muíño ou incrustado na sua parede. O balde pode apresentar diferentes formas: redonda, cuadrada, tanto verticais como inclinadas. A altura e o diámetro dependen da presión que se precisa. O sistema de fecho consiste nunha táboa que encaixa perfeitamente no buraco destinado a tal fin, na saída do "bofeton".

MUÍÑOS DE TIÑADA:

Son moi semellados aos de Ceña porque a roda tamén se atopa dentro dunha espécie de caldeira. A grande diferenza que apresenta en relación a aquiles é que ten un canal de pedra con moita pendente; ademais "a tiñada" non ten saída inferior para a auga, se non que ésta bate contra as pedras e racha toda a auga, saíndo a maior parte por un buraco do arrieiro.

PARTES DUN MUÍÑO

LENDA

1.- Rodicio. 2.- Inferno. 3.- Balde. 4.- Eixo. 5.- Moa. 6.- Ollo. 7.- Pé. 8.- Adella. 9.- Adellón. 10.- Taranvelo. 11.- Aliviadeiro. 12.- Porca. 13.- Agulla. 14.- Raio.

Funcionamento: Muíños tipo Rodicio. Onde unha aspa de madeira ou ferro se move coa forza da auga que entra nas caldeiras do Inferno a través do Balde situado no lado oposto do Rodicio á sua vez o Rodicio xunto á vara e ao Eixo de madeira move a Moa pedra circular no interior do muiño furada no meio, sendo polo Ollo por onde entra o millo para ser esmiuzado e, saindo fariña entre a Moa e oque tamén é de pedra; a fariña recolle-se do chan despois de ser varrida con unha vasoira feita de xestas. O grán para moer introduce-se nun recipente de sección troncocónica, chamado Adella onde cai o Adellón caixón movible que é impulsado polo Taranvelo. O grosor da fariña dependerá da separación entre A Moa e oregulable através do Eixo o Aliviadeiro que vai unido á Porca por unha madeira perpendicular ao Eixo ou vara sobre a que xira ésta a través do contacto entre duas pedras -a Agulla e o Raio.

 

O RODICIO

Peza do muíño consistinte nunha roda que leva axustadas ao seu o redor unha série de pequenas pas cóncavas que, ao bater a auga que ven do canal, xiran o eixo e moven a "moa". O "rodicio" está situado na parte inferior do muiño, denominado "inferno".

O ARRIEIRO

Trata-se dunha trabe de madeira que ten como función a de soster o peso de todo o sistema de rotación. Atópase no "inferno". Un dos seus lados está metido na parede e por outro está unido ao "erguedoiro". No "arrieiro" vai incrustado o "enrán". Ao lado irá o eixo da "moa".

RODICIO, ARRIERO, VARA, ENRAN

A VARA

É o pau que vai desde a "agulla" até a "sobrecella". Ten varias partes: "O lobete" parte intermédia da "vara" que serve para montar e desmontar mellor o "rodicio". Algunhas veces o "lobete" falta, entón únese directamente ao "beo" (parte de ferro que se une á parte superior da "sobrecella"). O "beo" pasa polo meio da "buxa" (peza de madeira posta no ollal do pé para que o "beo" fique equilibrado).

O ENRAN

Peza de pedra incrustada no "arrieiro" sobre a que xira o "rodicio".

 

O PE

É un cilindro de pedra, fixo, rematada na sua parte superior en forma convexa. Presenta uns cortes que van desde o ollal até case a metade da base do pé enriba do cal xira a "moa".

A MOA

Pedra circular que xira enriba do pé. O seu grosor é duns vintecinco centímetros. No seu interior ten forma cóncava para que encaixe no pé. no meio ten un buraco chamado "ollal" onde cai o grán que vai ser moído.

 

PE,  MOA, CRUZ, ADELLA Y TANGAÑO

A CRUZ

É unha cruz de madeira na que se poñen unhas cuñas para poder subir ou baixar a "moa" segundo o tipo de fariña que se queira acadar.

A ADELLA

É un caixón de madeira en forma piramidal cuadrangular invertida. Colócase enriba da "moa" atada a unha "trabe", ou posta nunha mesa. na parte inferior ten unha parte denominada "adellón".

O TANGAÑO

Está feito de madeira e mete-se por dous ollais, un na parte superior da "adella" e outro no ollal da "segorella", transmitindo o movimento ao "adelló" ; facendo cair o grán.

 

O TREMIÑADO

É un espazo situado o redor do pé, onde verte a fariña. Normalmente está pechado por unha parede de pedra ou de táboas, tendo unha porta para entrar. "O tremiñado" non o teñen todos os muíños; en alguns a recollida da fariña faise con un caixón de latón ou madeira posta o redor do pé, deixando somente unha saída que permite botar a fariña na "saca".

TREMIÑADO
POUSADOIRO

O POUSADOIRO

Está feito con pedras e colócase ao lado da porta. Serve para pousar os sacos de grán. "Os pousadoiros" tamén podian estar situados no interior do muíño, mais entón facíanse de madeira.

 

A CRUZ DÁ FORA

As pedras que serven de marco para a porta apresentan cruces esculpidas nelas. Estas cruces tiñan como función impedir a entrada do demo no muíño e protexé-lo de todo mal.

PUERTA MOLINO

PARA ENTENDER A IMPORTÁNCIA DOS MUÍÑOS, SÓ NOS QUEDA SINALAR QUE ESTES TIÑAN OS SEUS DÍAS SANTOS, DURANTE OS CALES NON SE PODÍA MOER.

ESTES DÍAS SON: NOITE-BOA, ANINOVO, SANTOS INOCENTES E TODOLOS SANTOS.

Fuente: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com