logotipo

img_google
Mel Serra do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

TARROS DE MIEL DEL XURÉS

Este producto da Serra do Xurés que pola sua cor, sabor e cheiro característico desta zona, fan que a Mel da Serra do Xurés sexa moi apreciado polos seus viciños e polas xentes que habitualmente demandan este maravilloso producto.

A Mel da Serra do Xurés é multifloral, resaltando sobre todo a abundancia en Urze (planta característica da Serra do Xurés).

;PRÓBAO! SEGURO QUE APRECIAS O SEU AUTENTICO VALOR

A Mel do Xurés é extraída das colmeas e transportada ao lugar onde se envasa e etiqueta con todas as garantías de salubridade.

As instalacións de envasado son totalmente modernas e están equipadas coa maquinaria necesária para garantir a calidade ao consumidor deste producto natural.

A Mel da Serra do Xurés vende-se nos Supermercados e Comércios da Baixa Limia, en outros moitos da Província de Ourense e Galicia, asi coma nos puntos de Información Turística desta Bisbarra Natural.

 

MEL DA SERRA DO XURÉS

 

ENCARREGADO DA DISTRIBUCIÓN

Benito Antúnez Veloso

TELÉFONO

666 854 945

Prezos

Consultar

COOPERATIVA AGRARIA "SIERRA DO XURES"

MEMBROS

24, pertencintes aos tres Concellos que forman o Parque Natural: Lobios, Entrimo, Muiños.

PRODUCCIÓN

6.000 Kilos ao ano.

SEDE

Sótao situado no edifício administrativo do Parque Natural Baixa Limia- Serra dó Xurés (Lobios)

A Cooperativa Agracia da "Serra do Xurés", que se adica á producción de Mel de calidade, é un exemplo que debesen seguir outros sectores agrícolas desta Bisbarra Natural. A través do apoio emprestado polo Parque Natural e a Unión Europea, está-se a conseguir estabelecer nos mercados un dos productos mais apreciados polas xentes desta bisbarra, fomentando a sua producción cos cuidados tradicionais que se transmiten de xerazón en xerazón para pór a Mel da Serra do Xurés no lugar que lle corresponde.

O MEL UN ALIMENTO BIOLOXICO

O mel é un alimento biolóxico elaborado pola abellas obreiras e consumida polos humanos desde fai 200.000 anos. Tratase dun producto biolóxico de composición complexa e moi diversa, debendo-se falar de meles en lugar de mel.

O mel procede do néctar das flores. Este é absorvido polas abellas e enviada ao estómago onde se mistura con determinadas ezimas procedintes das glándulas salivares, transformando-se en mel.

Os compoñentes esenciais son: hidratos de carbono (azucares), auga, proteínas, sais minerais, vitaminas, arrecendos e outras substáncias.

O contido en auga é de 18,6%.

Azucares: príncipalmente glucosa e fructuosa (dentro dos monosacáridos), sacarosa (menos abundantes), e moitos outros azucares (polisacáridos).

Proteínas: en cantidades moi pequenas, procedintes do néctar ou das próprias secrecións salivares das abellas.

Sais minerais: en contido sempre inferior ao 1%, sendo mais abundante en meles mouros. O mais abundante é o potasio seguído do cálcio, sódio, manganeso e ferro. A maior ou menor riqueza destes elementos está relacionada coas plantas e a natureza dos chans que rodean á colmena.

Vitaminas: a mais abundante é a vitamina C seguída da B, e considerado un alimento pobre en vitamina A.

Arrecendos: o arrecendo varia segun a frescura e o contido en auga.

Outras sustáncias son acedos orgánicos tales como o ácido fórmico de propriedades antisépticas, e a inhibina (substáncia que paraliza o desenvolvimento de bacterias ou que lle confiere propriedades antibióticas naturais), dotándolo de propriedades curativas.

Debida á sua composición trata-se dun alimento altamente enerxético e de grande calidade. A inxestión de mel permite unha alimentación imediata e intensiva de todo o sistema muscular espécialmente do corazón. Tamén almacena parte dos seus azucares en forma de glucóxeno, reserva enerxética do organismo.

É moi importante para o desenvolvimento infantil pola sua enerxía de utilizazón rápida que axuda na asimilación do cálcio e do manganeso, de grande importáncia na etapa de medra.

Aparte das propriedades descritas, o mel ten importantes propiedades terapeúticas, e todos recorremos en mais dunha ocasión ao tarro de mel para mitigar os síntomas dun catarro ou acelerar a cicatrización de algunha ferida.

É recoñecido o seu poder antiséptico servindo con excelencia á cicatrización da pel, impregnase sobre as queimaduras, feridas e grietas con excelentes resultados.

Tamén é utilizada como producto de beleza dadas as suas propriedades refrescantes e emolientes.

Moitas veces é empregada como adulcorante para diabéticos, asi como tamén é usada para acelerar o metabolismo do alcohol en casos de intoxicación etílica.

Hai moitas clases de mel en función das variedades florais das que proceda, o que lle confiere un amplo abanico de sabores ou cores.

Os mais comuns son os meles de romeiro, azahar, eucalipto, uz, etc.

Se clasifíca en tres grandes grupos:

  • Meles uniflorais, procedintes príncipalmente dunha espécie vexetal única.
  • Meles multiflorais, procedintes de flora moi variada.
  • Mel de melada, obtida primordialmente a partir de secrecións azucaradas das partes vivas dunha planta ou atopando-se sobre ela.

Nos establecementos alimentarios podemos atopar mel en varias presentacións:

  • Mel decantada ou escorregada.
  • Mel centrifugada.
  • Mel prensado.
  • Mel cremosa.
  • Mel en favos.

Sexa cual sexa a sua presentación e variedade da que se trate, debemos contar co mel na nosa alimentación xa que se trata dun alimento de alta calidade e de propriedades beneficiosas para o noso organismo.

RECEITA PARA OS AMANTES DO MEL

PASTEL DE NOCES CON MEL

Ingredientes:

  • 200 grs. de mel.
  • 100 grs. de azúcar en pó.
  • 250 grs. de noces tostadas.
  • 3 claras de ovo.
  • 1 bosiña de azúcar vainillado.

Preparación:

Mistura-se o mel coas noces e con unha clara, até obter unha crema espesa. Aparte baten-se ben os dous claros co azúcar en pó até que se bata a culler, se incorpora o mel. Se coloca en forma de montonciños sobre unha bandeja recubrida con unha fina capa de fariña. Coce-se a lume lento case meia hora, quitando-se quente da bandeja.

Fonte: TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal). Por: Olga Inés Rodríguez Domínguez.
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com