LUDEIROS
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Ludeiros, pertencinte á paróquia de Manín (Lobios), é unha pequena aldea situada nas ladeiras da Serra de Santa Eufemia - ollando ao Limia, á Serra Amarela (Portugal), Serra dó Quinxo e Serra do Leboreiro-. Dende este belo lugar poden-se divisar un número importante de aldeas da zona, asi como o entorno descrito. A simple vista poderemos adentrarnos no país viciño de Portugal e contemplar Lindoso e parte de Soajo; por terras de Lobios - no seu dia apreciábanse O Bao e Buscalque (desaparecidos polo encoro de Lindoso)- Quintela, mais perto divisan-se Compostela e, case ao lado, Cimadevila. Do Concello de Entrimo podemos ver Lentemil, parte da Illa e de Ferreiros, asi como unha boa parte de Terrachán.

¿Quén pode pedir mais, con simplemente achegarse á xanela?.

VISTA DO NUCLEO PRINCIPAL DE LUDEIROS

Nesta fotografía aprecia-se a maior parte da aldea ( o núcleo principal ). A mesma tamén nos oferece a posibilidade de observar as maravillosas vistas das que dispomos dende este lugar.

Este recuncho - que está dentro do Parque Natural Baixa-Limia, Serra do Xurés- é un balcón privilexiado da Baixa Limia, o lugar onde vin a luz na primaveira de 1.971 e o cual me ten roubado o corazón. A agricultura minifundista foi a responsable da subsisténcia ata que chegou a emigración e fixo o maior dos estragos levándose ás suas xentes a paises tan dispares como Australia, Brasil, Arxentina, Andorra, Suiza, Francia, Alemania e un sinfín de lugares da vella Europa; outros moitos buscaron fortuna nun grande número de cidades da nosa xeografía. Pero a todos nos caracteriza o mesmo sentimento, ese sentimento de querer achegarnos sempre ata o lugar que nos viu florecer e sen o cual a vida ten outro sentido, ese sentimento tan característico do galego de aferrarse a existencia a través do cordón que non é outro que a sua terra ( sen "morriña" non seriamos o que somos ).

Estas terras que foron separadas das portuguesas, ou as portuguesas déstas, e que serviron de refúxio para o paso de xentes de outras culturas (enriquecéndonos con iso), é un exemplo de convivencia, resultando díficil comprender os enfrentamentos entre territorios e moito mais entre xentes irmáns; a raia en moitos casos non significaba un escollo, mais ben todo o contrario, a xente de un e outro lado da raia seca nunca deixaron de se atopar a pesar dos obstáculos, coñecéndose mais se caibe, queréndose e respeitándose pola necesidade de compartir os avatares históricos que reforzaron eses vínculos con lazos do sangue en moitos casos.

Oxalá sigamos cofraternizando e sigamo-nos respeitando tal e como somos, irmáns dunha mesma terra na que un dia se tivo que trazar unha liña para dividir administracións, en nengun caso para separar os corazóns. O mellor dos exemplos está nesa romaria que ningun intolerante conseguiu desterrar: a romaria de A Madalena, que ainda que actualmente ten un significado radicalmente distinto ao que tivo no seu dia, serve para manter viva a lapa familiar das nosas xentes. Non permitamos que nengun sentimento nacionalista sesge ese espírito fraternal arraigado nunha terra que nunca tivo raias, desterremos do noso entorno eses fantasmas que buscan o enfrentamento entre as suas xentes tentando destapar os espíritos que como o de "Aljubarrota" nestas terras nunca significaron nada, e aferrémonos ao espírito de " A Madalena" máximo expoñente da nosa realidade social.

Como moitas outras aldeas que formamos parte desta realidade arraiana creo firmemente que somos o mellor exemplo de convivencia e apoio, quitando sabiamente o maior dos partidos do que supuña (en certa maneira supón) unha tentativa de separar. Arrinquemos dunha vez por todas ese infame sentimento que nos leva a ollar ao viciño como ao culpable dos nosos males.

HERMITA DE SAN PEDRO

Ermita de San Pedro e palco da música construído sobre un carballo centenario ¡ UNICO NO MUNDO !

SERRA DE SANTA EUFEMIA

Serra de Santa Eufemia, sempre presente para todolos que formamos parte desta aldea.

PANORAMICA DE LUDEIROS

Foto sacada dende a Serra do Quinxo, camiño de Olelas (Entrimo). no centro da imaxe atópase Ludeiros, un pouco mais enriba cara a dereita está Cimadevila, embaixo á esquerda as novas construccións que como consecuencia do encoro de Lindoso se ergueron nas proximidades do antigo núcleo de Compostela, un pouco mais a dereita Compostela. Todo iso dentro do Parque Natural Baixa-Limia, Serra do Xurés. Tamén se poden apreciar lugares tan fermosos destas Serras como o Outeiro Rubio (na parte alta mais próxima a Ludeiros), Cibrán na parte superior direita da fotografia e o Grilo, a zona mais espesa de arbolado entre Ludeiros e Compostela.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com