Escudo de Lobios
Lobios
baixalimiaxures.com
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

MONUMENTOS

Lobios posue un importante patrimonio monumental, destacando o conxunto de Miliarios situado en Riocaldo xunto a Calzada Romana (Via XVIII do roteiro de Antonino que unia Braga con Astorga) e perto da Portela D'home. A propia Calzada Romana e a Vila de Riocaldo (Aquis Originis) son os principais restos romanos deste Concello.

Caibe salientar a existencia de restos megalíticos, castros e os restos do Castelo de Arauxo situado no lugar de A Vila.

Ten inumerabeis igrexas e capelas, das que destacamos a igrexa de San Miguel de Lobios (século XVII), a Igrexa de San Salvador de Manín (Século XVIII) en Ludeiros (caibe reseñar que esta igrexa foi recentemente traslada como consecuencia da asulagación causada polo Encoro de Lindoso). Cada pobo ten unha capela e un cruceiro sendo alguns deles de grande valor e beleza, destacamos a Capela da Nosa Señora do Xurés en Riocaldo, A Capela adicada a San Benito en Grou, A capela adicada a San Isidro en Quintela (ao ras do encoro de Lindoso), a capela de Compostela adicada a Santa Cruz e a última capela construída adicada a Santiago na nova Aldea de Aceredo.

Arquitectura civil reseñable é o pazo de Lobios, Pazo de San Martin en A Portaxe e a Casa Feudal de A Escusalla en Compostela.

PUENTE PORTAXE

Numerosas pontes serven desde tempo inmemorial para cruzar os limpos rios que regan estas terras.

Tamén algun que outro peto de ánimas, fontes e necropolis.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com