logotipo

img_google
ESCUDO LOBEIRA
Lobeira
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

DESCRIPCIÓN

O Concello de Lobeira está situado ao oeste da província de Ourense, na Bisbarra Natural da Baixa Limia (Galicia).

Lobeira é, sobre todo, a terra do grandioso mestre, profesor, investigador e etnógrafo Xaquín Lourenzo Fernández (Xocas).

HORREO EN LOBEIRA Y MONTE DEL VISO

Limita: ao norte cos Concellos de Verea e Bande, ao este co de Bande, ao sur cos de Muiños e Lobios, e polo oeste con Lobios, Entrimo e Portugal.

Ten unha extensión de 68,9 Km2 e o redor de 1.200 habitantes.

Sitúase a 699 metros sobre o nível do mar, ainda que atinxe na Serra do Leboreiro os 1.334 m. de altura, sendo esta serra un dos lugares mais característicos deste Concello. As altitudes mais relevantes son: Codesal, Cabeza de Meda, Monrisca de Ariba, Baralba, Taboazas e Vilariño.

Os principais rios que bañan o termo municipal son: o Grou (no que desembocan á sua vez o rio Fragoso e o rio Boca), o da Montaña e o rio Cadós que nacen na serra do Leboreiro ainda que discurren na sua imensa maioria por território de Entrimo e Bande respectivamente.

A principal via de comunicación de Lobeira con Ourense é a N-540, que discurre pola parte sul do termo municipal contando con outras vias interiores que a unen con Bande, con Lobios e con Entrimo fundamentalmente.

A sua economia se fundamenta sobre toda na agricultura e a gadaria. As suas produccións mais notabeis son: millo, patacas, legumes, liño e centeo. A gadaria está formada sobre todo por gado vacino e lanar. Destaca o aproveitamento das ladeiras empinadas onde se realizaron numerosas parcelas en forma de bancadas (socalcos) - sobre todo na zona de Grou - facendo da agricultura toda unha arte e un sacrifício.

MONTE DO VISO

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com