![]() |
Lobeira |
||||||||||||||
| |
|||||||||||||||
| VISITAS Romeria da Nosa Señora de O Viso, fin de semana do Domingo de Pentecostés "Viso Grande", e o 8 de Setembro "El Viso Pequeno". Acode xente de toda a Bisbarra e do norte de Portugal. A procisión da Virxe sai desde a igrexa parroquial de San Vicente de Lobeira, ata o santuario situado no monte de O Viso. Acabada a Misa, cómese nas inmediacións do santuario e hai actuacións musicais de varios tipos, resaltado os grupos de gaitas. UNHA DAS ROMARIAS MAIS IMPORTANTES DA BAIXA LIMIA, RECOMENDAMOS A ASISTENCIA. De visita obrigada é a Serra do Leboreiro, onde podemos contemplar un sinfín de Mámoas, entre os que destacan a Mamoa da Mota da Cabreira, as de Grama do Corno Dourado, ou a de Cabeza de Meda, tamén hai nesta serra unha necrópolis megalítica. Na serra das Motas, tamén hai un importante número de Mámoas, que se coñecen co nome desta serra. Tamén se poden observar petroglifos en Penafranqueira, perto do curso do rio Grou, con círculos que rodean cruces. Lobeira conta con varios castros, destacando os de Castro dá Croa de Santa Cristina (Lobosandaus), o de Monte de O Viso, ou o de Couto da Vila, onde se pode ver ainda algun foso.
Recomendamos visitar a aldea de A Fraga, un fermosísimo lugar na serra do Leboreiro, onde ainda se pode apreciar a esplotación gandeira, asi como algun que outro vestixo do pasado mais imediato como é o caso de construccións con teito de palla. Non esquecer a visita ao canastro do medio do lugar, un auténtica xoia.
|
|
| © www.baixalimiaxures.com |