logotipo

img_google
ESCUDO LOBEIRA
Lobeira
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

HISTORIA

Lobeira conta con importantes e relevantes feitos históricos que fan deste Concello un lugar interesente en relación co seu pasado.

Terras habitadas desde tempo inmemorial e nas que se atopan vestíxios arqueolóxicos datados no ano 3.000 a. C. centrados fundamentalmente na serra do Leboreiro onde destacan unha série de Mamoas como: as do Monte das Motas, a de Cabreira, as de Outeiro das Moas ou as de Corno Dourado, entre outras. Nestas serras do Leboreiro atópanse unhas das maiores concentracións de monumentos megalíticos desta zona peninsular, contándose por decenas.

CALZADA

Relaciónanse estes monumentos co antigo trazado de camiños, quedando ainda vestíxios do trazado de algun deses camiños ao longo desta serra. Estes camiños cobraron importáncia durante a Idade Meia sendo unha referéncia importante do tráfico comercial entre Galicia e o Norte de Portugal. Sobre eses camiños medievais (Camiños de Leboreyro) e a sua importáncia no tráfico mercantil, di E. Ferreira Priegue que "En 1.287 celebrouse un convenio entre o monasterio de Celanova e os venciños do concello de Milmanda".

Os camiños detectados son os denominados: "Camino da Divisoria Norte", "Camino Leboreiro-As Conchas", Camiño Leboreiro-Galez" e o "Camino do borde oriental da penichán de Leboreiro".

Terras poboadas polos Querquennos onde se poden atopar vestíxios de Castros como o do monte de O Viso ou o da Croa en Lobosandaus.

Durante a Idade Meia, Lobeira conta con un Foro propio outorgado por Alfonso IX no ano 1.228 "Foro de Lobeira" e, conservándose ata a chegada de Felipe V, este Foro dáballe aos viciños certos priviléxios a modo dun pago anual.

Lobeira queda eximida de contribucións e cargas militares coa chegada de Felipe III, pero estas terras sofreron de modo importante as guerras contra os portugueses pois éstos contaban co seu cuartel xeral en Castro Leboreiro.

Durante moitos séculos, Lobeira aproveita a sua situación - ao ser camiño de paso na ruta a Santiago de Compostela - para con iso comercializar deixandolles importantes beneficios.

Destacable é o feito de que a Xunta de Defensa da guerra da Independéncia naceu eiqui.

Non se pode deixar de reseñar o feito de que estas terras sofreron (sofren) un auténtico despoblamento como consecuencia da emigración que comeza mediado o século XX e continua na actualidade.

 
Fonte: A Baixa Limia Galega na Prehistória Recente (José Mª Eguileta Franco)
www.baixalimiaxures.com recomenda a visita de www.lobeira.com ( páxina de referéncia para coñecer en profundidade a história de Lobeira )
baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com