COMENTARIOS
Este ensaio de Mandianes ofrécenos O río
do esquecemento unha vizosa achega á identidade colectiva dos
galegos a partir da reconstrucción da longuísima tradición
de estudios antropolóxicos e etnográficos dedicados
a Galicia. O río do esquecemento analízase, primeiramente,
a violencia con que, sengundo os autores clásicos, os habitantes
do Noroeste peninsular defenderon afoutadamente a súa terra.
Despois estúdiase a identificación dos galegos como
descendentes da raza celta que inspiraron moitos intelectuais do século
XIX,e avalíase o labor do Seminario de Estudos Galegos e da
Xeración Nós, que definiu o pobo galego como independente
mais non independentista. Por último, dáse conta de
como, malia o apego ó lugar natal, os galegos saímos
con moita frecuencia da nosa Terra pola necesidade, económica
e metafísica, de viaxar e "coñecer mundos",
e reflexiónase tamén sobre as nosas preocupacións
pola derradeira viaxe o máis alá.