Libro / Benito Fernández Alonso, su vida y su obra (1848-1922)
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Larouco 1

AUTORA

Carmen Barbosa Lorenzo

EDITADO POR

CONCELLO DE ENTRIMO

Publicado no 1995

Libro sobre a obra de Benito Fernández Alonso, escritor entrimeño, nado en 1848 e falecido en 1922.

Carmen Barbosa naceu en Ourense, é licenciada en Geografía e Historia pola Universidade de Vigo.

BENITO FERNANDEZ ALONSO

COMENTARIOS

A autora desta obra acheganos a figura de Benito Fernández Alonso, un personaxe fundamental nos tempos que lle tocou vivir, que xunto con Marcelo Macias, Arturo Vázquez núñez, Manuel Martínez Sueiro entre outros, afánanse por rescatar do olvido importante páxinas da nosa historia, pertencendo a unha das xeracións mais brillantes de ourensans. Dita xeración fixo posible o nacemento da Comisión de Monumentos de Ourense, sendo Fernández Alonso un dos membros mais destacados.

Froito dos seus traballos nace o "Boletín da Comisión de Monumentos", que se comeza a editar en 1898, obra crucial a hora de coñecer o traveso do traballo desta xente o patrimonio da nosa provincia.

Mais Benito Fernández Alonso non so foi un importante historiador, tamén participou activamente na vida política ourensan. Desde 1883 a 1912 foi concellal no Concello de Ourense e diputado provincial polo distrito de O Barco-Viana na Diputación Provincial de Ourense, nas filas conservadoras.

Foi membro da Real Academia Galega desde 1906, tamén foi cronista da cidade e da provincia de Ourense.

Toda unha vida adicada a cultura, recuperando documentación e reconstruíndo a nosa historia.

Os seus traballos recolléronse en artigos de prensa, traballos científicos e producción bibliográfica. A diversidade dos seus traballos versan sobre a etnografía, crítica bibliográfica, ética e relixiosa.

As suas publicacións bibliográficas comprenden 6 libros:

  • El río Limia y sus contornos. Imprenta de la Propaganda Gallega, Orense 1879.
  • Armas de Orense. Imprenta de Antonio Otero, Orense 1891.
  • Guerra Hispano-Lusitana. Imprenta de Antonio Otero, Orense 1893.
  • El pontificado gallego. Crónica de los obispos de Orense. Imprenta el Derecho, Orense 1897.
  • Los judios en Orense. Imprenta de Antonio Otero, Orense 1904.
  • Orensanos Ilustres. Diputación Provincial de Orense, 1916.

Por a su contribución a nosa historia e por o seu legado, esperamos o ano no que se lle recoñeza a sua labor coa adicación das Letras Galegas a sua obra e figura.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com