Libro / A Baixa Limia Galega na Prehistoria Recente
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Larouco 1

AUTOR

José Mª. Eguileta Franco

EDITADO POR

DEPUTACIÓN DE OURENSE

Publicado no 1999

José Mª. Eguileta Franco, naceu en Poio (Pontevedra), iniciouse na arqueoloxía da man de Xoaquín Lourenzo "Xocas". Logo de cursar os seus estudios cunha brillante traxectoria, en 1988 dirixe e codirixe proxectos de investigación con numerosas escavacións e prospeccións en Galicia e na Baixa Limia, salientando as realizadas en Lobios e Muiños.

Estes traballos levados a cabo nesta bisbarra, recóllense en parte neste maxestuoso libro que nos achegará a nosa prehistoria da man dun profundo coñecedor destas terras e os seus costumes, como herdanza dos que nacemos, vivimos e as amamos

A BAIXA LIMIA GALEGA NA PEHISTORIA RECENTE

COMENTARIOS

O traballo aborda o estudio da ocupación e proceso histórico da comarca da Baixa Limia (SW da provincia de Ourense, Galicia) entre o Neolítico Final e o inicio da Idade dos Metais. A base documental do estudio baséase en tres grupos fundamentais de xacementos e achados: os monumentos megalíticos, os xacementos precampaniformes ó ar libre e os achados campaniformes. Dende o punto de vista cronolóxico encádrase entre incios/mediados do IVª milenio a.C. e os incios do IIº.

A comarca estudiada, limítrofe con Portugal, constitúe un dos pasos naturais dende o sur a Galicia, xunto co val do Támega e as Rías Baixas, ó tempo que abrangue gran parte dunha das cuncas hidrográficas independentes do noroeste: A Limia.

O estudio adouta unha metodoloxía que combina a análise espacial coa dos artefactos e dos xacementos arqueolóxicos, ofrendo datos, maioritariamente inéditos, de escavacións e prospeccións arqueoloxicas realizadas nesta comarca, ó tempo que reinterpreta, baixo novas lecturas, antigas investigacións de F. L. Cuevillas, X. Ferro Couselo ou Xoaquín Lourenzo. Toda esa información imbrícase co marco espacial da Baixa Limia en relación co seus territorios limitrofes.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com