Libro / Antropoloxía de Galicia
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

Larouco 1

AUTOR

Xosé Ramón Mariño Ferro

EDITADO POR

Xerais

Publicado no 2000

Xosé Ramón Mariño Ferro (Castrofeito, O Pino, A Coruña) é profesor titular de Antropoloxía na Universidade de Santiago. Autor de numeras publicacións entre as que destacamos: Cultura Popular (Museo do Pobo Galego, 1984), Autobiografía dun labrego (Xerais, 1986), Las Romerias, Peregrinaciones y sus símbolos (Xerais 1987), Entroido en Galcia (en colaboración con G. Reboredo, Diputación da Coruña, 1987), Lobos, Lobas e lobishomes (Ed. do Cumio, 1995), Aparicións e Santa Compaña (Ed. do Cumio, 1995), etc

ANTROPOLOXÍA DE GALICIA

COMENTARIOS

"Antropoloxía de Galicia" ofrece unha visión de conxunto da cultura rural galega na que non falta ningún dos principais aspectos: poboación, tipos de asentamento, a producción de alimentos, o traxe, o transporte, o traballo, a propiedade, a organización social, a medicina, a morte, a relixión e as festas. Recolle tanto os elementos innovadores como os antigos. E, o máis importante, non se contenta cunha simple descrición, senón que trata de explicar os comportamentos, menos aqueles que, na cultura urbana, semellan carentes de lóxica e racionalidade. Ademais, superando esa visión da cultura rural como un caixón de xastre de elemntos inconexos, mostrará como se relacionan os uns cos outros.

Na "Antropoloxía de Galicia" atopamos uns labregos e mariñeiros bastante diferentes dos tópicos. Son capaces de innovar, de adaptarse. Son absolutamente prácticos e racionais en costumes como, por exemplo, a mellora, a endogamia parroquial e a residencia natolocal. E empregan unha linguaxe simbólica que asombra pola súa riqueza e complexidade. En definitiva, son creadores e portadores dunha gran cultura. Unha gran cultura que forma parte do noso pasado e, en boa medida, do noso presente.

Escrita por Xosé Ramón Mariño Ferro, antropólogo de reconecido prestixio, esta é, sen dúbida, unha gran obra de referencia para a antrapoloxía galega.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com