logotipo

img_google
Igrexas
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês
IGLESIA DE SANTA COMBA DE BANDE
SANTA MARIA REAL DE ENTRIMO
VIRGEN DEL XURÉS DE RIOCALDO (LOBIOS)

Na Bisbarra da Baixa Limia podemos atopar un grande número de Igrexas, que pola sua história, arquitectura e beleza son destacados monumentos do noso patrimonio ademais de ter un alto valor relixioso para as xentes desta Bisbarra Natural.

A maior parte das Igrexas son do estilo Neoclásico e Barroco.

O xoia da coroa é a Igrexa de Santa Comba de Bande, de estilo Visigótico (século VII).

No Concello de Entrimo destaca sobre as demáis, a Igrexa de Santa María a Real (Terrachán); esta igrexa con xeito catedralicio é unha preciosa construcción na que resaltan as suas fachadas de estilo Churrigueresco, a sua torre e campanario están datados en 1.727.

IGLESIA DE SAN SALVADOR  DE MANIN

IGREXA DE SAN SALVADOR DE MANIN (Lobios)

Coñecida como a Igrexa de Aceredo.

Este monumento conta con unha singular história. Conseguindo salvarse da asulagación pola construcción do Encoro de Lindoso, foi traslada ás inmediacións de Ludeiros e Compostela, onde se erixe maxestosa e impasible aos avatares da historia. Ninguén se atreve a afirmar que éste será a sua última ubicación, pois non resulta difícil pensar que descansará para sempre eiqui cando xa foi traslada en duas ocasións: 1.769 e en 1.992. A sua primeira ubicación en Manín foi onde se construiu.

No Concello de Lobios destacar tres Igrexas: a Igrexa de Aceredo século XVIII, estilo Barroco con influencias portuguesas (descrita anteriormente). A Igrexa de San Miguel de Lobios (século XVIII), estilo Barroco, fermoso monumento que se atopa ubicado en Fondevila (Lobios) destacando o seu enorme campanario que sobresai de forma taxante do corpo rectangular da Igrexa; non podemos deixar de reseñar que este significativo monumento é de planta rectangular, contrastando coa maioria das Igrexas paroquiais da Baixa Limia que son de planta en forma de cruz latina. A Igrexa de Ntra. Sra. do Xurés (non é a igrexa paroquial de Riocaldo) é un templo emblemático, situada na Serra do Xurés sobre o val de Riocaldo, permañece vixilante contemplando o ir e vir das xentes que poboan os seus lugares, confiando eles en que a sua vixilancia lles protexerá dos contratempos que lles poidan acaecer.

IGREXA DE SAN MIGUEL DE LOBIOS

Dominante campanario, esbelto e vixilante dun rio que discurre apacibel susurrando a sua melodia ás xentes dunha aldea que camiña no tempo con pisada firme, coa certeza de que nese lugar que ao lonxe asoma, atópase o protector dos seus soños.

Suso

CAMPANARIO IGLESIA SAN MIGUEL DE LOBIOS

Na parte Portuguesa do Parque Nacional Peneda Gerês, tamén son moitos os monumentos deste tipo eregidos en honra a un senfin de Santos, destacando a Igrexa da Peneda e a de San Bento dá Porta Aberta, dous lugares de peregrinacións masivas para a poboación do norte de Portugal e sur de Galicia.

Esta riqueza patrimonial concébese como expresión do fervor cristián que asulaga estas terras, levando á construcción dunha Igrexa en cada parroquia, sendo 42 o número de parroquias que forman a Baixa Limia que fai destacable a sua riqueza monumental.

Existen moitos outros Templos que ainda non tendo esa función de Igrexa parroquial son igualmente construccións a destacar para descreber a riqueza arquitectónica que posuimos.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com