Igrexa / Virxe do Xurés
baixalimiaxures.com
LOBIOS
ENTRIMO
MUIÑOS
LOBEIRA
BANDE
Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Gerês Xurés
Parque Nacional Peneda Gerês

VIRXE DO XURÉS

IGLESIA DE LA VIRGEN DEL XURÉS (RIOCALDO -LOBIOS-)
LOBIOS

A história da Virxe do Xurés, a cual ven transmitida pola tradición local que di que a Virxe se apareceu milagrosamente nun altar esculpido nunha pena situada no exterior da Ermita. Unha lixeira hoquidade da pena representaba o nicho sagrado desde onde a Virxe ordeaba a construcción dun Oratório, alá no alto, aos viciños de Riocaldo.

Á VIRXE DO XURÉS
IGLESIA DE NUESTRA SEÑORA DEL XURÉS
Alá, onde arrecia a chúvia.
Alá, onde o vento desfai a sua fúria.
Alá, onde o Sol ilumina o seu rosto.
Alá, onde a névoa acariña a sua figura.
Alá, onde a brisa termal disípase.
Alá, onde as árbores amenizanlle con tenrura.
Alá, onde humilde asoma sobre a chaira.
Alá, onde sobresai con fermosura para sentir a caricia que lle brindan coa ollada a sua xente, a xente, a madrugada.
Alá, onde ela reflecte no seu rostro o rexurdir dunha estrela, que agradecida aperta o fervor que as xentes lle brindan a fermosa Virxe do Xurés

Suso

O actual recinto da Nosa Señora do Xurés seria pois, un antiquísimo centro cultural e relixioso antes, ocupado por relixións predecesoras, que foron absorbidas pola aparición do cristianismo; encauzáronse os antigos cultos ou devocións, establecendo a sua continuidade sustitutiva e facendo responsable do poder milagroso que emana destes santuarios a Deus, mediante a Virxe como intermediaria, e implantando alá unha ermita.

A fé nos milagres da Virxe e os indicios achados, movilizou á xente de Riocaldo para lle construir unha Ermita digna e un importante camiño de acceso, construindo unha obra de esforzo descomunal polo difícil de chegar ao lugar eleito. É a obra emblemática do comunitarismo tradicional do Xurés.

Fonte: O XURES E OS SEUS MISTÉRIOS Autor: José Lamela Bautista.

Como acceder a Ermita da Virxe do Xurés

A Ermita da Virxe do Xurés atópase ubicada na Serra do Xurés, próxima a aldea Vilameá en Riocaldo, dende o que se accede ata a Ermita.

Para chegar desde Ourense, tomaremos a estrada N-540 até Lobios. Desde Lobios en direción a Portela D'Home pola Estrada OU-312, chegando á aldea de Vilameá divísase no alto a Ermita, accedendo a través deste lugar ata o sitio de culto.

Desde Portugal pódese chegar a este lugar a través da Fronteira da Portela D' Home, dende a cual é necesario pasar por Riocaldo para adentrarse na Baixa Limia. Ou pola Fronteira da Madalena, chegando até Lobios seguiremos en direción Riocaldo pola estrada OU-312.

baixalimiageres@hotmail.com
© www.baixalimiaxures.com