|
SANTA
MARÍA A REAL
|
|
|
|
ENTRIMO
|
Monumental Igrexa, xoia arquitectónica
con unha fachada Barroca na modalidade Churrigueresca, que atinxiu notabel
impulso en España nos anos finais do Século XVII e na primeira mitae
do Século XVIII. A Igrexa de Santa María o Real é un dos poucos exemplares
deste estilo que hai en Galicia, adicada a Santa María no Mistério da
Ascensión, patroa do Concello de Entrimo, resaltándose en toda
a obra e decorados a Realeza da Nosa Señora.
|
|
A fachada, tallada en granito fino dos
montes de Entrimo, ten forma de retábulo e organízase
en catro corpos, enmarcando os dous primeiros pilastres. O
primeiro centrado na porta, en arco moldulado de meio punto,
adornado con cabeza de Anxos e flanqueado por tres pares de
colunas: salomónicas lisas na parte superior do fuste das
contiguas, e estriado os outros dous pares de colunas. O segundo
corpo ten unha forma coa imaxe en pedra da Asunción, e catro
pares de colunas salomónicas enlazadas con tallos de videiras
e de froitos de éstas. No centro do terceiro corpo hai un
panel da Santísima Trindade, co Espírito Santo en forma de
pomba o Pai e o Fillo en figuras
humans portando a coroa destinada á Virxe María. A ambos lados
hai catro pares de colunas salomónicas como as do segundo
corpo. O cuarto é dun ancho adorno con remate por Frontón
partido, destacándose no meio o escudo de España coa
águia bicéfala, sendo a decoración de refundidos paneis follaceos,
con tres estatuas de Anxos suxeitando instrumentos de corda,
que ocupan o pódio e os ángulos do frontón.
|
A fachada só cobre a nave central
do templo, sendo os corpos laterais de sillería até a parte superior
na que unha faixa de relevo formando un grande ángulo de decoración
follacea, no que se apoian sendos pináculos con unhas bolas que chegan
até a base do frontón.
A torre de 25 metros de altura,
está datada no ano 1.727, ao igual que a campá maior. Ten o redor unha
balconada de pedra rematada con pináculos, tambor e cúpula hemisférica,
con unha pia bautismal na sua base. Unha escada que comeza ao pé da
igrexa, conducen ata o corpo das campás, divisándose desde ese lugar
unha bela panorámica da aldea e dos seus aredores.

As duas fachadas laterais son dunha beleza
a ter en conta para as ollar detidamente; a do Sur é de tipo
Retábulo, en dous corpos e un frontón, enmarcándose a porta
entre dous pares de colunas de fuste liso. Vese a imaxe de
San Xosé, dous pares de colunas salomónicas e duas colunas
estriadas, con tres esculturas haxiográficas e dous canos
con figuras mitolóxicas. Na fachada Norte, enriba da porta
unha imaxe do Salvador en tamaño natural, resolvéndose
a fachada con unha grande sobriidade, dándolle aire
compostelán, acabada en sectores curvos.
Partindo das fachadas Norte e Sur e sustida
en cada arrinque por unha figura humana, rodea a nave un fermoso
friso de follaxes encordonado. A cuberta da nave central é
mais alta que as laterais para receber a luz, o Cruceiro é
mais alto que a nave central e a parte absidal. Encima do
Cruceiro elévase un corpo exterior en forma de meia
laranxa, acabado por unha candea das que fixeron escola nos
séculos nos que se desenvolven as obras.
|
|
|
|
O corpo da Igrexa é de planta de Cruz
Latina de 45 por 20 metros, con tres naves separadas por oito
colunas cuadradas de distinta forma, o coro atópase
por riba da entrada principal. Xunto á parte posterior érguense
xunto ao Cruceiro duas Capelas de meio cañon (obsérvanse
perfeitamente na imaxe).
As diferenzas das fachadas entre si, coa
torre e o interior do templo, fan supoñer
que estes elementos corresponden a datas distintas e proxectos
diferentes.
Na Igrexa hai seis retábulos de distintas
feituras e un altar de Cristo Crucificado coa Virxe dos Dores.
O altar de Ecce Homo, que antes foi de Nazareno, asegúrase
que foi inspirado, dirixido e pago do seu patrimonio particular,
polo Cardeal Quevedo.
O Adro de sillería ao redor do templo,
realzado con un Vía Crucis. Moitas destas cruces
foron destruídas.
|
Ainda que non se dispón de documentación
fehacente, semella que as obras de cantería da Igrexa foron acabadas
no ano 1.739, sendo Cura D. Agustín Leboso.
Construída polo Rei coa colaboración
da aldea, que da testemuño o escudo real posto na parte superior da
fachada principal.
Sempre levou o título de Abadía, que ainda se conserva no arquivo e no selo paroquial.
|
Para nos facer unha
idea da importancia que tivo este xoia arquitectónica da Baixa
Limia, engadiremos as palabras verquidas polo poeta galego Manuel
Amor Meilán, atopadas nuns apuntes históricos sobre Xelmirez:
"Ilmo. Sr: A Eirexa de Entrimo mereceu noutros tempos ser
unha nena mimada de Cardeais, Bispos i'escritores. Agora está
triste, chora, sinte morriña d'aquiles amores; por Dios
faceille algún mimo, facerlle algunha caricia".
|
- A MELLOR FORMA DE APRECIAR
ESTE FERMOSÍSIMO MONUMENTO É VISITANDOO -
Fonte:
TODO ENTRIMO (Boletín Informativo Municipal).
|