|
SANTA
COMBA DE BANDE
|
|
|
|
BANDE
|
|
|
A Aldea de Santa Camba atópase situado
no Concello de Bande, pertencinte á Bisbarra da Baixa Limia na Província
de Ourense.
Para chegar a Santa Comba desde Ourense,
tomaremos a estrada N-540 en dirección Portugal pola raia da
Madalena. Bande atópase a 35 Kms. de Ourense, desde Bande a Santa
Comba hai uns 10 Kms. seguindo pola N-540. Chegados a Santa Comba, hai
unha estrada que conduce ao centro da aldea onde se ubica a Igrexa,
ainda que a sinalización do Monumento é mala, pódese apreciar
algun sinal na estrada nacional que indica a situación da Igrexa.
| Ao
fondo do camiño resalta o muro que protexe o recinto da Igrexa,
como se dunha casa feudal se tratase, destaca a porta de ferro,
pintada coa cor que deixa o paso do tempo sobre ese ferro que
nunca se desgasta, ferro que luce cando a ferruxe reluce.
Dentro -como unha meniña
que percura unha caricia- está a fermosa Igrexa, pequena, distinta,
tímida, asemella fráxil, mais anegada de saber, saber que lle
dan os séculos que viu correr e dos que tanto se tivo que protexer
para non deixar acaecer sobor de si nengun serán envolto da
senrazón que a fixese perecer.
Tan seguro estou de saber
que sabes daqueles que sen mais intención que a simple visión
cotidian, erixiron eses muros para protexer ao ser humán,
seguindo o ditado do mestre que tiña en mente a figura que se
emprestaba ao realce dunha arquitectura que discurría en tempo
lonxano.
Sobre as túas pedras
hai escritas mil aventuras, centos de amarguras e non sei cantos
versos de dozura.
Brota aos teus pés a auga,
acompañache coa sua feble melodía como querendo calmarte,
calmarte polo desconcerto dos que buscan a razón, a esencia,
o porqué. A sabendas da tranquilidade
que deixa o camiño percorrido, o camiño que lle leva a un devolta,
devolta no percorrido do tempo que se volta inalcanzable.
Suso
|
|
|
Esta igrexa situada en Santa Comba a uns 10 Kms. de Bande, é xunto con San Juan de Baños (Palencia), San Pedro da Nave (Zamora) e San Pedro da Mata (Toledo) un dos poucos monumentos Visigóticos de España, e foi declarada Monumento Nacional por Real Decreto de 11 de Agosto de 1.921.
Data
do Século VII, ano 680, e restaurada en 1.932, sendo durante
moito tempo monasterio até que o Conde Don Gonzalo e os seus
homes cometeron contra o monasterio, deixando só en pé a igrexa,
vendo-se ainda hoxe os restos das naves adosadas a esta naqueles
tempos. Despois de tentar ser anexionada pola sede compostelán
ficou unida e dependente do monasterio de Celanova alá polo
ano 932, gozando Celanova durante un tempo do mosteiro de Santa
Comba e de San Torcuato, xunto co couto de Quintela, facenda
e território con xurisdición civil e criminal e despois por
xustos respetos pasou ao priorato de Bande onde hoxe pertence,
sendo na actualidade igrexa paroquial.
No Século XVIII trasladaron-se para Celanova as cinzas deste
Santo xunto coas do fundador do mosteiro de Celanova "San
Rosendo" e conservan-se en sendas urnas de prata no retábulo
da igrexa conventual en un dos seus laterais.
Conta
esta igrexa con unha riqueza decorativa; constituída por planta
de cruz grega con ábside un pouco prolongada e dotada de cuberta
própia. Sobre os arcos de ferradura que forma o cruceiro atopamos
as bóvedas de cañón peraltadas e feitas con ladrillo de tipo
romano. O Cinborrio é de bóveda capialzada.
Conta
con un arco triunfal que dá entrada á capela maior e está apoiada
sobre dous pares de colunas con dous capiteis baixo romanos
e dous visigóticos.
O
tellado da nave é de lousas de pedra e todolos demáis son de
tella do país. As paredes están percorridas por importas
oqueadas que rachan a idea de verticalidade.
No
interior da igrexa podemos observar elementos de datas anteriores
como son as aras romanas reutilizadas como altar, e tamén un
sartego que correspondeu a San Torcuato.
É unha reliquia histórica digna de ser visitada.
Rosa
Mª Suárez Glez. (Axuntamentos de Galicia
1994)
|
|
|
A Igrexa de Santa Comba de Bande
foi considerada desde finais do século XIX e primeiras décadas do século
XX como un monumento de indudable interese, tanto en ámbitos galegos
como fora no resto da península.
Case desde o primeiro momento foi
recoñecida como un exemplo de arquitectura relixiosa de época visigoda,
até o punto de se converter en un dos referintes mais seguros para definir
aquela época.
|
A igrexa de Santa Comba de Bande foi o primeiro edifício da Província de Ourense declarado Monumento Nacional, como de recolle textualmente na seguinte declaración:
"Ilmo. Sr.: Visto o expediente incoado sobre a declaración
de Monumento Nacional da Igrexa de Santa Comba ou San Trocado
de Bande, na Província de Ourense, e de conformidade co dictamen
emitido sobre o devandito particular polas Reais Academias de
Belas Artes de San Fernando e da História, a S.M. o Rei (q.D.g.)
tivo a ben resolver sexa declarada a referida igrexa Monumento
Nacional, quedando como tal Monumento baixo a tutela e protección
do Estado e a imediata custodia e vixiláncia da Comisión Provincial
de Monumentos de Ourense. De Real Orde digolle a V.I., para
o seu coñecemento e efeitos. Deus guarde a V.I. moitos anos.
Madrid, 11 de agosto de 1921", publicada esta Orde o B.O.E.
de 16 de Agosto de 1921.
|
|
Santa Comba aparece na documentación
con unha denominación diferente á que agora posue. O nome de Santa Comba,
Santa Coloma chegou ata nós como topónimo e como reflecto dun culto,
é un dos mas coñecidos entre os non hispanos. O Dr. Fábrega situa a
sua introducción en Cataluña na segunda mitai do Século VII.
Santa Comba de San Trocado, como
se denominou nun principio, Santo que segundo a tradición era o maior
dos Sete Varóns Apostólicos que chegaron a Península con ánimo de cristianizar
as suas xentes. Existen poucas igrexas que teñan advocación a San Trocado,
entre as que se atopan: A de Guadix, Toledo, Zamora e a portuguesa de
San Trocado. Aínda que na Província de Ourense ten unha série
de igrexas consagradas a San Trocado: Santa Comba de San Trocado (Bande),
outra no arciprestado de Cenlle e unha terceira correspondente a San
Trocado de Allariz.
|